"GALIZIA" É UN TOPÓNIMO FICTICIO QUE ESCOLLÍN PARA ESTE BLOG, COMO SÍMBOLO DA MIÑA ABSOLUTA INDEPENDENCIA DE IDEOLOXÍAS E TENDENCIAS E AO MESMO TEMPO COMO COMPROMISO CA MIÑA TERRA E COS MEUS PAISANOS E CONCIDADÁNS, COMPROMISO COS QUE LOITAN A PESARES DAS CIRCUNSTANCIAS, COMPROMISO COS QUE TIVERON QUE MARCHAR, E UNHA HOMENAXE AOS QUE DESGRACIADAMENTE XA NON ESTÁN.

viernes, 31 de diciembre de 2010

GALIZIA E OS FILLOS DE MATUSALEM.....

Hai pouco tempo vin unha película de ciencia ficción que se chamaba "FILLOS DOS HOMES" protagonizada por Clive Owen, na que describía o terrible escenario dunha sociedade moribunda e sen esperanza na xa non nacían nenos.

A sociedade Galega leva demasiado tempo en declive, envellecida, moribunda e sen esperanza, vivindo nun círculo kármico pechado de crise eterna , sen espazo para a renovación xeneracional, abandoada a súa sorte, sen posibilidades de retorno, sen xente nova con pulo para loitar, sen obxectivos, sen ideas, sen perspectivas, sen futuro.

Os síntomas e as consecuencias levámolas sufrindo dende hai décadas e xamáis chegaron nin chegarán as soluccións: unha emigración escandalosa promovida, aceptada e estimulada por acción ou omisión, que tivo como consecuencia o envellecemento crónico e o despoboamento irreversible das nosas vilas e pobos e a ausencia de relevo xeneracional. A falla persistente de oportunidades laborais/personais/culturais/sociais/científicas/etc..., a fuga de profesionais con alta cualificación, uns niveis culturais vengoñantes moi por debaixo das medias da O.C.D.E. ao mantér articialmente ao pobo galego na máis completa ignorancia, unha precariedade galopante a tódolos niveis e sectores, a inexistencia dunha verdadeira economía galega, o inmovilismo e parálise sistémica así como a corrupción consentida e o abuso persistente das minorías privilexiadas, a eliminación sistemática da maioría de estacións e paradas ferroviarias "non rendibles" deixando incomunicados vilas e pobos do interior, tendo en conta que o  tren en Galizia a duras penas chegou a  vertebrar as comunicacións entre o rural e as áreas urbanas, desaparición das liñas de autobus que percorrían Galizia por inexistencia de clientes, o peche colexios e garderías por falla de nenos, a privatización, redución e degradación salvaxe dos servizos públicos sanitarios/sociais/etc.., o etnocidio consentido do noso patrimonio cultural e tradicións ao favorecer con subvencións o abandono de explotacións e non estimular alternativas de futuro, asi como a falla crónica de inversións que provocaron o retroceso dos sectores primarios da agricultura e pesca, actitudes políticas de gran desapego á hora de defender os intereses reais da sociedade galega, nula inversión en I+D+I, políticas populistas baseadas no clientelismo, no favoritismo, no amiguismo, na corrupción institucional, no caciquismo disfrazado de modernidade, na dedocracia e na xerontocracia.

Temos agora máis que nunca, unha mocidade sen futuro, unha mocidade que herdou unha situación moito peor que a dos nosos pais, cun presente de incerto horizonte e moi escuras perspectivas. Terán que escoger entre a emigración ou  levar ás costas unha depauperada vida, nunha sociedade máis conflictiva e inxusta, con menos dereitos sociais, con maiores impostos e peores servizos, cos perxuizos das privatizacións salvaxes, coa desfiscalización dos poderosos e o poder político/financiero concentrado en poucas mans como nunca se vira antes na historia. Cun paro xuvenil cercano ao 80%, Galizia continuará exportando xente nova formada, e a maioría dos que se queden nin siquera poderán incorporarse á clase media, nin disfrutar duns niveis dignos de consumo ou contar coas mínimas politicas sociais que disfrutaron os seus pais, nunha área do mundo caracterizada pola escaseza de economía productiva, a falla de reparto do traballo, a redución da protección social, e o aumento das desigualdades, dentro dun insolidario mercado global dirixido por unha panda de indesexables e cos seus acólitos, os políticos de turno, que xa non representan máis que a eles mesmos.

Eu pregúntome? Que fixeron os galegos da xeración anterior? Que fixeron os nosos pais? Ou mellor dito, que non fixeron?  Penso que a resposta é ben clara: simplemente os galegos vendéronse barato outra vez máis seguindo "as políticas do eucalipto", do pan para hoxe e fame para mañá, metendo a merda debaixo da alfombra a ver se os problemas desaparecen por arte de maxia. Seguindo a política do "que se fodan....": que se fodan os veciños, que se fodan os do pobo do lado, que se fodan os da outra cidade, que se fodan os da outra provincia, que se foda ó que perdeu o traballo, que se foda o que ten menos oportunidades, que se foda o que está fodido, é o final fodémonos todos con tanta mala ostia, tanto egoismo paleto, tanta ignorancia comunitaria, tanta pasividade conformista e conservadora, tanta cortoplacismo e corrupción minifundista e complacente. Seguindo a política de "eso non é asunto meu....", a política de desentenderse de tódolos  problemas, de pasar absolutamente de todo, "de mirar para outro lado" namentres non me afecte a mín, a mentalidade galega de "non meterse en problemas alléos......" de  "non protestar...." polo que é inxusto, a mentalidade de " non loitar polo que merece a pena.....", nin siquera si me beneficia a mín ou aos meus fillos, pesando que no futuro as cousas estarán mellor por sí solas, pero non facendo nada para mellorar nada, e non facendo nada para defender o conseguido.  E agora temos o resultado cuasi-irreversible que nos deixaron os nosos pais, que podemos ver e ler tódolos días na presa, e nada máis cabe pensar salvo que temos en Galizia o que  nos merecemos:


NOTAS DE PRENSA 


         Como resultado do anterior, os galegos temos a seguinte "HERDANZA":



        • O SECTOR DE I+D+I EN GALIZIA.- ., é prácticamente inexistente en Galizia. A emigración de xente nova con alta formación e cualificación é unha realidade que se repite xeración tras xeración.

        • O  A.V.E.  EN GALIZIA, (que os galegos a pagaremos durante os próximos 25 anos), valerá para deixarnos "AILLADOS"LUGO e FERROL NON TERÁN A.V.E.  Seremos á ÚNICA COMUNIDADE CUNHA REDE DE ALTA VELOCIDADE QUE FUNCIONE SOBRE O FRANQUISTA ANCHO DE VÍA IBÉRICO  entre Ourense, Santiago e A Coruña, cando o resto do estado usa o ancho internacional.  SEREMOS A ÚNICA COMUNIDADE CON VELOCIDADES DE 250KM/H., CANDO O RESTO DA REDE DO ESTADO CIRCULA A 350KM/H.  A nefasta planificación do A.V.E. Galego fará que os galegos teñamos A ÚNICA LIÑA DE ALTA VELOCIDADE DO ESTADO NA QUE SE "ELIMINA" Á ANTIGA VÍA EN LUGAR DE ADICALA AO TRANSPORTE ALTERNATIVO, CERCANÍAS E MERCADORIAS, e dicir, pisan a liña antiga e os galegos NON TEREMOS OUTRA ALTERNATIVA PARA VIAXAR EN TREN, AINDA QUE A MAORÍA DOS GALEGOS NON A POIDA PAGAR OS ELEVADOS PREZOS DOS BILLETES.  Enlaces: http://infraestructurasgalicia.blogspot.com/2010/11/se-consumo-la-tragedia-galicia-tendra.html

        • O SECTOR EDUCATIVO EN GALIZIA .- Os niveis so sistema educativo galego son desastrosos. Un 30% dos estudantes non termina a ESO na idade que lle corresponde, fronte ao 14,8% que lle corresponde a media europea. A contribución da eduación no P.I.B.  é unha das máis baixas dos países da O.C.D.E. (por debaixo do 5%) e a porcentaxe de poboación que ten estudos posobligatorios non chega ao 65%. Está mais que clara a  noxenta utilización da educación e o ensino como ferramenta política, corporativa e partidaria, da banca e a igrexa católica, principais axentes interesados en manter as relacións de poder e de reforzalas. O noso sistema educativo estivo sempre ameazado pola oligarquías e que na actual situación económica, estas alimañas atopan unha oportunidade definitiva para o desmembramento do sistema público e gratuito de ensino. Nota de Prensa : http://www.kaosenlared.net/noticia/para-a-crise-orellas-de-burro. Nota de Prensa: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/02/05/0003_7507990.htm?idioma=galego. Nota de Prensa:

        • O SECTOR FORESTAL GALEGO.- Os nosos bosques, os nosos recursos forestais, a nosa riqueza biolóxica e natural, propiedade de tódolos galegos que herdamos dos nosos antergos, son hoxe en día o "XARDÍN PRIVADO DE XOGO" das empresas madereiras como FINSA ou as celulosas como ENCE, empresas altamente contaminantes que non gastan recursos nin para plantar unha sóa árbore, actividade da que se encargan as Institucións Públicas Galegas sostidas cos recursos de tódolos galegos. Un monte azotado polos incendios forestais provocados pola ignoracia, pola plantación masiva de monocultivos de especies non autóctonas a base de  piñeiro e eucalipto, materias primas destas multinacionais, un monte afogado pola falla de inversións e formación neste sector, condicionado polos intereses económicos e políticos alleos os intereses dos habitantes das zonas rurais,  un sector dominado pola baixa rendabilidade dos produtos forestais xerado e o moi baixo retorno económico directo a nosa terra, así coma pola ausencia de políticas a longo prazo de planificación e diversificación, o nulo respecto a ecoloxía e a biodiversidade propia do monte autóctono galego e como non, sen ningúen con capacidade de protesta e reacción pola situación,  dado envellecemento crónico da poboacion rural galega, e a consecuente inercia do abandono das actividades  tradicionais do campo, que por suposto, ten xa un impacto negativo tanto sobre a riqueza productiva , medioambiental e social Nota de Prensa : http://www.torresycarrera.com/blog/puestobase/?p=678Nota de Prensa: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3268_4_201060__Galicia-desorden-bosques
        • O SECTOR LINGUÍSTICO EN GALIZIA.- Durante os interminables séculos escuros, o noso maior patrimonio cultural intanxible, a lingua galega e as nosas tradicións, sobreviviron centurias grazas á xente do mar e do rural, a pesares dos ataques terribles e agresións sostidas no tempo das oligarquías dominantes. Agora a situación é terminal para a nosa lingua, en poucas décadas a poboación rural galega xa case desapareceu polo envellecemento e o despoboamento, e a falla de xente nova que recolla o reto, coñeza e valore axeitadamente o noso patrimonio, fai que todo a nosa herdanza cultural se dilúa rápidamente coma un terrón de azucre. A maioría dos nenos viven nas cidades e xa non falan en galego na vida diariaa maioría dos fillos dos emigrantes retornados tampouco falan en galego e ainda persiste na sociedade galega a "vergoña" do "paleto" de pobo que emigra a "capital " e que "fala galego", así como nos pais, nais, avós e avóas do século XXI que amosan un rexeitamento frontal a que os seus fillos e netos aprendan e estuden en galego, preferindo o inglés ou o castelán, porque o idioma galego é sinómino de "carente de valor algún", de "atraso", de "perda de tempo", de "inutilidade", facendo noso ese sentimento secular de desprezo e odio interior cara a todo o que sono a "galego" . Falar, pensar, e escribir no idioma de Castelao, de Rosalía, e de Afonso X o sabio, sempre foi mal visto e duramente castigado polas oligarquías e as dictaduras; a todas luces, foi e segue sendo unha GUERRA ABERTA contra o "galego de a pé", a "súa cultura", "a súa lingua" e as súas "tradicións", este  "ODIO SECULAR AO IDIOMA GALEGO", é un problema psicolinguístico de moi difícil de solución. Un informe da O.N.U. dí que o 90% das linguas desaparecerá do planeta nos próximos 100 anos, coido que en Galizia, o noso idioma galego será unha desas linguas perdidas. Hoxe en día, no ano 2011 do século XXI,  as "AGRESIÓNS A NOSA LINGUA CONTINÚAN SUCEDÉNDOSE IMPUNEMENTE",  igual que en épocas pasadas seguen tendo a súa orixe nas mesmas oligarquías dominantes disfrazadas de legalidade democrática, pero que na realidade nen siquera teñen en conta leis e mandatos constitucionais que lles obrigan a defender e protexer a nosa lingua, e que din :  C.E. 1978 Título Prelim. Art.3.3: " A riqueza lingüística Galega é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respeto e protección". E.G. 1981 Título Prelim. Art.1.2.: "A Comunidade Autónoma, a través de institucións democráticas, asume como tarea principal a defensa da identidade de Galizia e dos seus intereses ......" e Art.5.1.: "A lingua propia de Galizia é o Galego". L.N.L.1983 Título Prelim. "Un dos factores fundamentais desa recuperación é a lingua, por se-lo núcleo vital da nosa identidade. A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade. Únenos co pasado do noso pobo, porque del a recibimos como patrimonio vivo, e uniranos co seu futuro, porque a recibirá de nós como legado da identidade común". L.N.L.1983 Art.1: "O galego é a lingua propia de Galizia" e Art.12.1. " O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos.". A Real Academia Galega da Lingua Galega ve "INACEPTABLE" e "INCOSISTENTE LEGALMENTE" o decreto en contra do idioma galego, porque "DESPROTEXE AO IDIOMA GALEGO", "COARTA DEREITOS E PERXUDICA" aos seus Falantes, A NÓS, OS GALEGOS......            





            miércoles, 15 de diciembre de 2010

            GALIZIA E A PARADOXA DE "PINKY E CEREBRO"

            Galizia é víctima secular da terrible "Paradoxa de Pinky e Cerebro". Unha maldición argallada e perpetuada sistemáticamente para desfacerse polas boas daqueles nativos de Galizia que acadaron un coeficiente persoal, intelectual, moral e académico moi por enriba da media, así como de calquera que posúa o sentido común necesario para discrepar acerca da situación "real" da sociedade galega.

            O Pinkys téñenlle declarada a guerra total contra os Cerebros.

            É a Paradoxa de Pinky e Cerebro : os dous forman parte dunha mesma entidade chamada Galizia, pero cada un deles ten unha visión radicalmente diferente do futuro.

            Os Cerebros son os "GALEGOS" CON MAIÚSCULA: son intelixentes, capaces e con cultura, pero a súa debilidade reside en que están demasiado espallados polo mundo.

            Os Pinkys son os  "galegos" con minúscula: parvos e sen vergonzas, incapaces e ignorantes atrevidos; e a súa forza reside no seu elevado número en Galizia, así coma na usurpación sistémica dos postos clave de decisión.
             

            PINKY é a personaxe máis alta, á esquerda da viñeta. Representa ao galego por excelencia:  ignorante e pedante de boca grande, envidioso compulsivo dos seus semellantes, farsante traizoeiro e nada fiable, chaqueteiros carentes do vergoña propia e allea, xente que mira cara o outro lado frente as inxustizas que sofren os demais,  individualista insolidario e minifundista, practicante a cotío do ritual  do amiguismo interesado e o puñal polas costas, deshonesto, antiasociacionista e anticooperativista, carente de calquera ideoloxía concreta ou sentido da moralidade agás as ideas surxidas da inmediatez e o interese, incapaz para o diálogo constructivo e escoita activa, corruptor e fácilmente corruptible dos pés á cabeza ( normalmente por migallas), imimigo declarado dos libros e alérxico da cultura en xeral, carentes do senso de comunidade, pequeno cacique á mínima ocasión e oportunista a tempo completo, nula capacidade de pensamento a medio ou longo prazo, cero inquietudes e nula empatía, adepto aos privilexios propios sen importar as consecuencias e clara vocación discriminatoria, nula capacidade de razoamento lóxico abstracto, falla de respecto polas normas básicas de convivencia, inmovilista e antireformista, desconfiado ata a paranoia, orgulloso posuidor de vehículos de alta gama a costa de escatimando en comida, educación, cultura e o que faga falla para manter as apariencias, capaz de calquera menester para consolidar o seu status quo, altamente manexable e influenciable polos discursos simplistas, defensor a ultranza da política do Loctite (pegado ao asento a toda costa), da política do enchufismo e o tráfico de influenzas, das políticas do eucalipto (mellor paxaro en man que cento voando), das políticas do servilismo e o caciquismo, das políticas especulativas ultraliberais e das políticas Exípcias (cunha mao diante para distraer e outra detrás para recoller) tan criticadas nas viñetas de Forges. Para eles o fin sempre xustifica os medios, e o futuro como proxecto non existe, só o presente inmediato do pan para hoxe e fame para mañá, que é a causa e ao mesmo tempo a consecuencia de que en Galizia sempre as cousas vaian a peor. É unha cuestión de simple inercia:  se as cousas que están mal nunca se cambian, ....... puntos suspensivos ....

             
            Os Pinkys son mediocres, pero listillos e astutos coma o raposo. Logo de expulsar durante séculos áos Cerebros  non teñen nin o máis mínimo interese en que éstos volten a Galizia ,porque poderían ameazar a seu xeito de vida. Os Pinkys son a casta dominante, son os encargados de que non existan nin postos de alta cualificación, nin posibilidades reais de retorno para os Cerebros. Os postos existentes están reservados aos Pinkys de mais alto grao no escalafón, é dicir, os máis ladróns e senvergonzas. Os Pinkys son sabedores do seu poder,  fan e desfan ao seu antollo na vida dos Pinkys máis palurdos (que son a maioría), sen que estos protesten ou reclamen calquera dereito (protestar está mal visto entre os Pinkys).  Utilizan descaradamente as institucións para legalizar as súas tearañas de manexos e influenzas, dipoñen e despifarran os recursos públicos sempre en favor de intereses particulares e en perxuizo das maiorías,  calquera política de innovación e desenvolvemento sempre ten un carácter meramente formal de cara a galería. Os Pinkys non desexan que ninguén sexa máis listo que eles, non queren que ningún Cerebro veña a destacar, a cambiar as cousas ou dicirlles o que está ben ou o que está mal, e para evitar eso utilizarán calquera método posible, legal ou ilegal.

            NOTA DE PRENSA. O Correo Galego. 17/12/2010. No aire o futuro de case trescentos investigadores:  En 2010 sólo sacará 15 prazas frente ás 289 que de media convocabanse nos últimos anos.  Medio millar de persoas denuncian o desmantelamento de la I+D+i galega.












            NOTA DE PRENSA.- FarodeVigo.es .-"A FUFA DE CEREBROS QUE VIVIMOS É UNHA DESGRAZA PARA GALIZIA".- http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2010/12/10/fuga-cerebros-vivimos-e-unha-desgraza-galicia/498793.html


            NOTA DE PRENSA.- SERGIO IRIGOYEN.-  XORNAL.COM.- 13/09/2010. - "GALIZIA PODERIA SUFRIR A MAIOR FUGA DE CEREBROS DA SÚA HISTORIA EN 2011".- http://www.xornal.com/artigo/2010/09/08/sociedad/ciencia-y-tecnologia/galicia-podria-sufrir-mayor-fuga-cerebros-historia/2010090723465900839.html?idioma=gl

            NOTA DE INTERNET.  "O PROBLEMA DA FUGA DE CEREBOS EN GALIZIA".- 
             www.forocivicogalegobcn.org/documentos/monografico%203.Opdf
              
            NOTA DE PRENSA.- SANGRÍA DE XÓVENES "CEREBROS" GALEGOS OBRIGADOS A EMIGRAR.- http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/sangria-jovenes-cerebros-gallegos-obligados-emigrar/idEdicion-2011-01-19/idNoticia-631233/


            NOTA DE PRENSA.- Aopinioncoruña.es -. A. B. GIORGINI.- "O 38% DOS CORUÑESES QUE EMIGRARON DENDE XANEIRO SON UNIVERSITARIOS E TÉCNICOS DE F.P." .-http://www.laopinioncoruna.es/economia/2010/12/19/38-28246-coruneses-emigraron-enero-son-universitarios-tecnicos-fp/449733.html

            NOTA DE PRENSA.- XORNAL.COM. - 06/9/2005.- "ENGALIZIA AS POLÍTICAS ECONÓMICAS ESCOLLIDAS NOS ÚLTIMOS ANOS PRIMAN AO TRABALLADOR SEN ESPECIALIACIÓN OU DE BAIXA CUALIFICACIÓN, ISTA É UNHA DAS CAUSAS DA SAÍDA TREMENDA DE TITULADOS DE GALIZIA, A COÑECIDA FUGA DE CEREBROS".- http://clasica.xornal.com/article.php?sid=20050906115602

            NOTA DE PRENSA - FARO DE VIGO - 17/11/2010 - DANIEL DOMÍNGUEZ - SANTIAGO -"A OCDE SINALA QUE A INVERSIÓN EN I+D+I É UN ASPECTO DECISIVO PARA A SUPERVIVENCIA DA ECONOMÍA EUROPEA CARA O FUTURO, OS DATOS AMOSAN QUE GALIZIA NON SEGUE ESA RECETA..., O I+D+I DESPLÓMASE....".- http://www.farodevigo.es/galicia/2010/11/17/idi-desploma/491804.html


            CEREBRO é a personaxe coa cachola máis grande. Representa aos tantos e tantos galegos que ao longo da historia de Galizia, foron "obrigados" en contra da súa vontade a deixar atrás as suas familias e pobos. Porqué?  Está claro que a xente que se marchou ou marchará de Galizia son persoas dunha gran coraxe e valentía,  xente que desexa algo mellor para sí mesmo e para a os seus, xente traballadora e sacrificada, xente que garda no seu interior un  forte e angustioso desexo vital de voltar a súa terra, ainda que sexan absolutamente conscientes da crónica falla de oportunidades de futuro que hai en Galizia.














            Cerebro representa aos galegos amantes dos libros, da ilustración, da educación pública, do civismo e a democracia. Xente solidaria, consciente da forza do asociacionismo e cooperativismo e con sentido de comunidade, partidarios e sabedores das vantaxes das políticas a medio e longo prazo, con capacidade de diálogo e abertos a novas ideas, xente profesional e responsable que está a favor de incentivar e promocionar aos máis válidos e compententes  e penalizar aos vagos e inútiles. Persoas con inquedanzas e gañas de cambiar as cousas que funcionan mal, teñen unha elevada cualificación, intelixencia e cultura, teñen carreiras, saben idiomas, son persoas educadas e respetuosas cos dereitos dos demáis e responsables das súas liberdades, non son fácilmente corruptibles e teñen unha ideoloxía madura, clara e con  visión de futuro, non son influenciables polas mensaxes populistas e coñecen os remedios que habería aplicar para mellorar o futuro.

            Por desgraza nosa,  o futuro dos cerebros de Galizia é o seguinte:

            OS INVESTIGADORES GALEGOS SÍNTENSE CARNE DE EMIGRACIÓN. Nota de Prensa : http://www.farodevigo.es/galicia/2010/12/17/investigadores-gallegos-sienten-carne-emigracion/501148.html

            A VIAXE DE NON RETORNO DOS INVESTIGADORES GALEGOS. Nota de Prensa:  http://www.elmundo.es/elmundo/2010/12/29/galicia/1293637779.html 

            A XUNTA VE INSOSTIBLE ÓS 5.350 INVESTIGADORES. Nota de Prensa :  http://www.farodevigo.es/galicia/2010/12/18/xunta-ve-insostenible-5350-investigadores/501488.html

            ALERTA VERMELLA: A XUNTA AFOGA Á INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA. Nota de Prensa:  http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/alerta-roja-xunta-ahoga-investigacion-biomedica/idEdicion-2010-12-18/idNoticia-621985/

            CASE 70 INVESTIGADORES GALEGOS LEVAN NOVE MESES SEN COBRAR POR RETRASOS NA BECA. Nota de Prensa: http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/06/28/70-investigadores-gallegos-llevan-nueve-meses-cobrar-retrasos-becas/397538.html 

            INVESTIGADORES ESTRELA GALEGOS, EN PARO POR FALLA DE RECURSOS. MOITOS RENUNCIARON A TRABALLOS CUALIFICADOS NO EXTRAXEIRO TRAS SER RECLAMADOS EN GALIZIA. Nota de prensa: http://wap.lavoz.com/sociedad/2009/11/01/0003_8076432.htm

            OS RECORTES PRESUPUESTARIOS CAUSAN A FUGA DE CIENTIFICOS CARA A PAISES CON MAIS OPORTUNIDADES. Nota de Prensa: http://www.elpais.com/articulo/opinion/Investigar/lagunas/elpepiopi/20101017elpepiopi_3/Tes

            CARTA AO DIRECTOR DA VOZ DE GALIZIA. AUTOR: Cesar Casal : "QUE INVENTEN ELES" .Extracto: É mentira que en Galizia cuídase aos investigadores. Nin investigación. Nin desenvolvemento. Nin innovación. Eiquí o que hai, é improvisación, descaro e máis improvisación. Xamáis seremos un país serio. Segue vixente aquela frase dramática que nos anclou no atraso: ¡Que inventen eles!.  Enlace : http://wap.lavoz.com/opinion/2009/11/01/0003_8076896.htm

            OS INVESTIGADORES GALEGOS ESIXEN MÁIS APOIO PÚBLICO AO I+D NA NOSA TERRA. Nota de Prensa: http://www.codigocero.com/Investigadores-galegos-esixen-mais

            jueves, 18 de noviembre de 2010

            GALIZIA E A POLÍTICA FORESTAL DOS IRMÁNS MARX.....

            Dicía Castelao en "Sempre en Galiza" que cando un galego saiba o que vale unha árbore deixará de emigrar.

            Onde está agora a "Galizia Verde" que tanto loubaron os poetas da nosa terra?. Onde están os bosques mestos primixenios de bidueiros, faias, freixos, aveleiras, carvallos, acivros e teixos dos que soio quedan manchas tristes e esgotadas. Onde foron os ecosistemas de riveira que pouco a pouco foron cedendo o acoso implacable da man da ignorancia máis atrevida. Onde está a riqueza do bosque mixto, autóctono e sostible de Galizia, que foi sustento para vivir, quentarse e comer de  tantas xeracións de habitantes da nosa terra.

            A flora e a fauna galega enfréntanse na actualidade a 245 variedades invasoras foráneas, según o último informe publicado ao respecto pola Consellería de Medio Ambiente. A listaxe de prantas invasivas é a máis numerosa, cun total de 154 especies definidas como tales, entre elas o plumero Pampero.

            O piñeiro que chaman "do país", xunto co eucalipto e as acacias,  son especies foráneas. foros introducidas por motivos e intereses únicamente economicos. Estas especies son sistematicamente cultivadas como Monocultivos, de xeito intensivo, igual que se fai na agricultura. Os monocultivos non existen na natureza, son aberracións xeradas polo ser humano. Na agricultura os monocultivos son atacados constantemente por pragas que crecen de xeito exponencial ao ter alimento infinito, razón pola cal se desenvolveron e extenderon os pesticidas químicos.

            O Piñeiro (Pinus Pinaster) Propio de climas mediterráneos non é autóctono de Galizia , entrou en Galizia polo sur probablemente no século XIX debido á naturalización desta árbore en Portugal como consecuencia das medidas repoboadoras da monarquía lusa.


            É unha árbore de baixo valor engadido,  materia prima para empresas como FINSA para fabricar pouco máis que taboleiros industriais, ou para facer mobles baratos de pouca rendibilidade. Empresas que curiosamente NON prantan unha soa árbore, non repoboan nada agás o seu peto, e diso encárgase a Xunta cos nosos cartos, nas nosas terras e os seus enxeñeiros forestais pagados nós. O Piñeiro morre cando hai un incendio. Despois do lume só rebrotan os carvallos, sobreiras ou as especies autóctonas, isto sábeo todo o mundo! O lóxico sería repoboar coas especies autóctonas ou caducifolios de alto valor económico, para que a medio prazo no se repetise o lume, pero en lugar de facelo invirtese mais e mais en medios de extinción de incendios..., xerando unhos intereses escuros aorredor do negocio dos lumes,  loxicamente sería  mellor previr que lamentar....pero a xente que decide a lóxica dalles igual.....


            O Eucalipto (Eucaliptus Globulus). Como dixo un día un "erudito" con nome de fraga (ironías do destiño supoño): " o eucalipto é imprescindible se queremos limpar os mocos e o cú".


            Os novos rexímenes locais daquela época converteron a Galizia nunha fonte inagotable de recursos para industria papeleira que apesta dende hai décadas a ría de Pontevedra, traendo consigo os beneficios do progreso.

            A decisión tomouse ao marxe da xente do noso país, ao marxe dos sabios, ao marxe da lóxica, esos bosques de Galizia, propiedade de tódolos galegos, eran para a industria. Todo o monte, labregos incluidos, tiñan que someterse aos dictámenes do progreso industrial. Algúen decidiu que Galizia convertirísase nun referente mundial na producción de pasta de celulosa para a fabricación de papel tisú.

            Deste xeito, o minifundista e antiasociativo paisano galego, viu como as súas vellas carballeiras convertíanse primeiro en tábulas rasas e logo por arte de maxia en prantacións masivas desas novas árbores altas e marabillosas que trouxo o progreso. Estes crecían rápidos, eficientes, prolíficos, o piñeiro e o eucalipto foron a encarnación celulósica das invasións foráneas.

            Pero pronto descubriron que nesas plantacións de eucaliptos os cerdos non tiñan que comer, xa non salían as setas, non podían levar a pacer as vacas porque alí non crece a herba, nen sequera valían para recoller leña e menos para facer mobles.

            Ninguén, ninguén deses enxeñeiros e funcionarios de despacho se molestou en explicarlles as consecuencias destes monocultivos masivos:  que o eucalipto ten unha xenética agresiva, que devora os nutrintes do chan eliminando asi a todos os seus competidores, facendose logo incompatible con outras especies, que provoca a acidificación do chan e a disminucion da capacidade de intercambio catiónico, que o contido de materia orgánica tamén disminúe notablemente, que se producen cambios irreversibles na textura e estructura dos solos, que induce á perda da biodiversidade tradicional de Galizia. E dado que se reforestou con eucalipto nas beiras das cuencas fluviais, nas fragas e en calquera lugar onde crecera sen ningún tipo de criterio técnico ou moral, afectáronse os ciclos hidrolóxicos, ás capacidades de recarga das capas freáticas é disminuindo dramaticamente a alimentación dos cursos de pequeños ríos, regatos e demáis augas superficiais, traendo a Galizia o mecanismo típico dos monocultivos forestais de eucalipto que se caracterizan por comportase como verdadeiros desertos verdes.


            NOTA DE PRENSA. 15/01/2011. O Correo Galego .- OS RÍOS GALEGOS ESTÁN CONTAMINADOS, DEGRADACIÓN DAS MARXES E RETROCESO DOS BOSQUES DE RIBEIRA.- http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/rios-galegos-na-uci/idEdicion-2011-01-15/idNoticia-629867/



            NOTA DE PRENSA.12/04/2011.- OS ECOLOXISTAS RECLAMAN QUE SE ACOTEN AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS. - http://www.noticias.com/los-ecologistas-reclaman-que-se-acote-la-plantacion-de-eucaliptos.1021659

            O mal xa está feito
            . As carvalleiras tardarían un século como mínimo para rexenerarse, pero non lles deixaron. Ao plantar e subvencionaren esas máquinas de crecer, non lles deixaron ninguha oportunidade. Pouco a pouco os bosques autoctonos foron perdendo terreo nas nosas paisaxes, arrinconados nos lugares mais apartados para o home, lugares de peregrinaxe para biólogos, botánicos, ecoloxistas e nostálxicos do que foi e do que desgraciadamente non votará a ser pola obra e gracia dos poderosos aos que lle soe dar igual as consecuencias dos seus actos

            Penso que no fondo as paisaxes de eucalipto e terra queimada que agora caracterizan as postales de Galizia  non son máis que un reflexo da paisaxe humán que impera na nosa terra: a mediocridade, a miseria humana, o egoismo, o minifundismo espitual e mental, a politica do loctite ( ben pegados aos asentos), a politica do exipcio (cunha man cara adiante e outra cara atrás), a falla de honestidade, a política da traizón sistemática, as políticas chaqueiras, a amoralidade xeneralizada, a pouca educación e cultura máis básica, a falla do mínimo senso común, e mil ecéteras dos que podería seguir falando liñas e liñas, pero do que teño moi presente e que é representativo da nosa sociedade, ainda que as veces coste moito mirarse o cú e vernos tal e como somos.

            Este crimen ecolóxico prepetrado impunemente ten solucción?

            Hoxe temos en Galizia 3 universidades, nunca tivemos tanta formación e tanta información e acceso á cultura. Estamos a favor dos indixenas amazónicos e condeamos sin miramentos os atentados contra os bosques da amazonía (que din que son o pulmón do mundo), e nin siquera temos a capacidade comparativa para decatarnos das consecuencias tan graves que ten a desaparición do bosque boreal atlántico galego para a nosa cultura, ademáis do mesmo problema ecolóxico que na amazonía, a perda dos nosos bosques supón a esquecemento mesmo da nosa identidade e da nosa esencia de pobo eminente rural,  é un  ETNOCIDIO en toda regra.

            Estas son as consencuencias da politica forestal dos irmáns Marx que se sigue a levar a cabo hoxe en dia, polo absurdo dos plantexamentos, polo escurantismo e a impunidade absoluta con que as administracións manexan os nosos recursos, pola situación mais propia do feudalismo medieval que dunha democracia real que represente aos cidadáns.

            O 95% dos cidadán de Galizia está dacordo en protexer os ecosistemas autótonos....., que algúen faga unha enquisa ou un referendum....

            Un estudo do período 1996-1999 dí que as especies empregadas en repoboación do monte galego foron:  CONIFERAS = 62%,  EUCALIPTO =  32,69%, CADUCIFOLIAS = 5,31%.


            É dicir, a política dos Irmans Marx continúa vixente e ademais intensifícase. É unha política absurda e ilóxica, agás a lóxica do beneficio a curto prazo duns poucos a costa da maioría. A destrucción dos ecosistemas de Galizia continúa ao longo do tempo, independentemente de quen dirixa a política forestal, e isto é abrir a porta ao deserto, aos danos irreversibles, e a pobreza,  e o único que se me ocorre decir é que Galizia segue e seguirá unha terra servil sometida aos intereses dos poderosos que o único que lles interesa é servir a industria, e a modo de resumo o interés desta é......tachán, tachán, .......:  "madeira barata para facer papel de limparse o cú  e facer mobles barateiros coas suas virutas".



            A  Acacia ( Acacia Dealbata), a Mimosa é unha especie orixinaria do dureste de Auxtralia e Tasmania. A súa flor confúndese coa do Toxo. É moi frecuente á beira de moitos dos nosos ríos, hai moitísimas nas concas dos ríos Miño e Sil. Realmente é unha praga.

            Eliminar a praga de mimosas en Galicia requiriría un plan a 50 anos.- 

            http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/04/11/0003_201104G11P26995.htm?idioma=galego

            As primeiras citas desta especie xa naturalizada datan do ano 1945 e dende aquela non deixou de exendirse, principalmente en áreas incendiadas debido a súa elevada vocación "pirófita", igual que o eucalipto, xa que o incendio favorece a xerminación das súas sementes e o rebrote.

            O uso sistemático polos nosos viticultores para facer "chantóns" para entoturar as cepas, foi tamén unha das razóns para a súa extensión tan espallada na nosa xeografía. Así que se foi facendo realidade o abandono rural, estos focos de acacia foron medrando sen control de ningún tipo.

            A colonización da acacia trae consigo graves consecuencias, primeiramente crea un horizonte monoespecífico e o chan pasa a componerse dun grande e profundo entramado das súas raíces. Si engadimos o seu elevado potencia "alelopático" que dificulta a xerminación doutras especies ( igual que o eucalipto), entederemos a difultade existente da vexetación autóctona que pouco a pouco vai cedendo terreo.Ademáis provoca efectos nefríticos derivados das alerxias.


            Todos os ecosistemas evolucionan, isto é unha lei natural, non se pode pretender conservar todo a toda costa e por riba de todo, iso seia unha toleria. Existe unha presión humana, una presión evolutiva marcada polo desenvolvemento da tecnoloxia da nosa civilización que afecta aos ecosistemas, logo é compresible certo grao de intervención nos ecosistemas forestales. Pero a cuestión é outra:  as intervencións nos bosque de Galizia foron de tal magnitude e por razons tan claramente equivocadas e interesadas, que non cabe maís que expoñelas, clarificalas e por su posto denuncialas.

            Primero hai que dicir alto e claro cales son as razóns lóxicas para promover e manter unha política forestal baseada na explotación sostible do bosque mixto :

               1.  O bosque mixto é o ecosistema natural de Galizia, onde temos o privilexio de ter un clima Boreal Atlántico idóneo para a maioría das especies rendibles do mundo, agás as tropicales e ás de frío extremo.

               2.  O bosque mixto permite a explotación simultánea de multitud de especies, favorecendo as cortas selectivas de árbores que xa alcanzaron a súa madurez comercial, deixando no mesmo lugar da corta, a masa forestal doutras especies que reteñen o solo, evitando a desertización por escorregamento de terreos.

              3.  O bosque mixto  favorece a biodiversidade , micolóxica, cinexética e serve de entorno favorable para o desenvolmento e conservación das especies autotonas e endémicas de Galizia.


              4.  O bosque mixto é un tremendo motor económico ao permitir explotar especies de alto valor no mercado: as apreciadas madeiras nobres de nogueira, cerceira, faia, arce, carvallo galego e americano, castiñeiro, freixo, etc..., favorecendo o desenvolvemento de industrias locais nas areas rurais, dende a recollida da madeira ata a fabricación de mobles de calidade, fixando a poboación no ambito rural, e incrementando a distribución da riqueza baseada na sostenibilidade.

              5. Aproveitamento dos moitos subproductos forestais: os restos da broza, materia prima para as Centrais de Biomasa,  que ademáis de promover a limpeza dos bosques preveñen incendios forestais, xeran electricidade localmente de xeito sostible e crean postos de traballo no rural. Tamen a manufactura e explotacion de froitos arboreos (castañas, noces, avelás, etc..), recollida anual productos micoloxicos, apicultura, etc....


              6.  O bosque mixto NON morre cos incendios forestais. O bosque mixto é caducifolio. Na maioría dos casos as árbores caducifolias sobreviven aos incendios, rebrotan polo tronco e xeran novas ramas e follas. Impiden sistematicamente a perda de solo e preveñen os procesos de desertización.



            NOTA DE PRENSA 07/12/2010:

            Menos biodiversidade, máis enfermidades!!

            Bosque

            O estudo advirte sobre a necesidade de protexer as rexions ricas en biodiversidade, para evitar o aumento da transmisión de enfermidades infecciosas.

            A perda de biodiversidade aumenta o risco de transmisión de enfermidades infecciosas entre os seres humanos.

            Ísta é a conclusión dunha investigación realizada en Estados Unidos que analizou cerca de 25 estudos diferentes levados a cabo nos últimos cinco anos.

            "Isto débese a que as especies que tenden a desaparecer primeiro –cando comenza a verse afectada a biodiversidade- son aquelas que son maiss efectivas en reducir os índices de transmisión de enfermidades",  dixolle a BBC Mundo Felicia Keesing do Bard College de Nueva Iork e autora principal do estudo.

            "Mentras que as que sobreviven", engade, "solen ser aquelas que aumentan a transmisión".









             

            martes, 16 de noviembre de 2010

            GALIZIA NO PAÍS DOS PURINES......

            Nota de prensa 16-11-2010 . Os graves perigos de alterar o ciclo de nitróxeno na Terra:
            Os seres humáns estamos sobrecargando os ecosistemas con nitróxeno debido á queima de combustibles fósiles e ao incremento das actividades industriais e agrícolas que producen nitróxeno. A pesar de que o nitróxeno é un elemento esencial para a vida, en altas cantidades resulta perxudicial para o medio ambiente. Un novo estudo alerta de hasta qué punto o ciclo do nitróxeno está sendo alterado polas actividades humans, e denuncia o perigo de que as consecuencias nocivas sexan de tal magnitude que se requiran décadas ou séculos para voltar á situación normal.


            Ista realidade é allea aos responsables de saúde, medio ambiente, industria e política enerxética do noso país.

            Os purines ou o xurro son verquidos de forma salvaxe nos nosos prados e montes sin ningún tipo de control en canto a cantidade e localización. Isto é unha auténtica barbaridade. A forraxe que come o gando foi recollida logo de votar xurro a moreas. A contaminación por nitróxeno é unha realidade no noso país.

            A incultura sen dúbida é o abono mais abundante na nosa terra;  a xente do noso rural fai cos purines o mesmo que cos pesticidas aos que chaman "mediciña", e coa mesma lóxica vótase máis xurro para que o forraxe sai mais verde e mellor, e claro o que non se vé pois non pode ser malo.....e coma a contaminación por nitróxeno non se vé pois non hai tal problema....ou non existe para eles.

            Temos o ALGORITMO PERFECTO, aplicado sistemáticamente no noso entorno máis próximo e perfeccioado ao longo dos séculos por eminentes "eruditos" vasalos dos poderes dominantes :

            INCULTURA XENERALIZADA + FALLA DE PROFESIONALIDADE , FORMACIÓN E INFORMACIÓN+ ABANDONO DO RURAL + ENVELLECEMENTO CRONICO DA POBOACIÒN + PODREMIA MORAL + DESIDIA DAS ADMINISTRACIÓNS =  Contaminación e envenenamento por nitroxéno garantizada de por vida.




            Que llo digan aos afeccionados a micoloxía, os seteiros; onde se vota o xurro non crece una seta. O nitróxeno é AMONIACO, e iso mata, vai a cadea alimenticia,aos acuíferos e as augas subterráneas, chega aos niveis freáticos e adicifica o chan.

            A falla de seguemento de calquera media preventiva agracia provoca o emprego dos purines sen ningun tipo de control de límites por hectárea, nin límites aos ríos e regatos, reganto en periódos de chivia intensa ou áreas enchoupadas de auga o en pendentes maiores as recomendadas.

            Os efectos inmediatos van dende a morte micoloxica, os malos cheiros e as irritacions producidas pola oriña, ata a exposición as nitrosaminas (potencialmente cancerixena) pasando pola exposición a axentes patóxenos como a Salmonalla, a Brucella,, Mycobacterium Tuberculosos, Leptospira, Yeersinia, Campylobactar, Erysipelothris, Listeria e Treponema entre outros.....

            O nitroxeno é un veneno que mata, e se pensamos que os humanos somos o gando mais numeroso, pois cabe pensar nos milleiros e milleiros de colectores de "XURRO HUMANO" que van parar as rías e ríos da nosa xeografía, sen depurar...., ¿estamos tolos de atar?; despois que ninguén se sorprenda cando o peixe e o  marisco cada vez é máis escaso e de menor calidade, cada vez hay máis especie foráneas que se adaptan mellor ás augas contaminadas.....

            Nalgúns paises do mundo financianse sistemas e redes de recollida de xurro das granxas gandeiras ( vacuno, ovino, etc...) e o seu tratamente en Centrais de Enerxía, Bioreactores que acumulan e queiman o metano e os gases que libera o purín no proceso de fermentación, producindo enerxia ecolóxica, sostible e renovable a nivel local, proporcionando electricidade aos propios gandeiros, aforrando estés no gasto enerxético da súa explotación, producindo subproductos para a industria que xeneran beneficios (abonos, compost, etc...), evitando ao mesmo tempo o verquido á atmosfera dese metano, e evitando os verquidos nos acuíferos e mellorando a situación xeral do sector rural en canto a recursos, emprego, aposta enerxética sostible, etc,,,,,

            Ata os chineses, que ainda que en teoría están mais atrasados que nos fan cousas coma esta:

            Nota de prensa Mécores, 24 Novembro 2010 :  Huishan Dairy, ao noreste de China, instala motores Jembacher 420e para xerar electridade a partires do obiogas. E a maior la instalación deste tipo no mundo para a xeración de electricidade mediante a recolección do metano emitido poa fermentación do esterco de vaca.


            Só ten ventaxas.

            A miña pregunta é PORQUE NON SE FAI EN GALIZIA? , supoño que por moitas razóns, intereses das empresas electricas que prefiren explotar outros recursos máis rentables e cun beneficio a curto prazo, seguindo o que eu chamo a POLITICA DO EUCALIPTO, é dicir, aquela política que seguen ou aceptan o 95% dos galegos :  só interesa o beneficio a curto prazo, ainda que supoña case sempre pan para hoxe e fame para mañá, e claro a consecuencia palpable disa política de terra queimada témola na sangría da poboación rural, o abandono xeneralizado do campo e a emigración sostida e imparable en Galizia dende hai máis de 100 anos, e todo elo, por non pensar nin sequera a medio plazo, e todo este contexto anti-innovador e involucionista sempre co beneplácito por acción ou omisión dos responsables políticos de turno.

            Non se fai nadaou case nada porque invertir no rural non interesa, porque os cartos invertidos no rural non se ven, non son rentables politicamente.  A xente do rural é dunha media de idade altisima, non tiveron acceso na súa maioria nin a cultura , nin a os medios financieros suficientes.  Por iso non hai políticas serias para fixar poboación nova nas zonas rurais, non hay políticas realistas para levar a sociedade da información ás áreas rurais onde as poucas conexións que existen son lentas e caras, non hay políticas de formación e modernización axeitadas e xeneralizadas, todo elo básicamente porque os dirixentes son os primeiros que non teñen o mínimo interese.....


            Amigos, con este panorama coido que o futuro será bastante pésimo en canto a contaminación por nitroxeno, aportaremos o noso gran de area en pos da avanzada civilización occidental, que pouco a pouco morre afogada na súa propia merda......

            lunes, 1 de noviembre de 2010

            GALIZIA É MULLER, ANCIÁ, E TEN ALZHEIMER.......


            GALIZIA É MULLER, ANCIÁ, E TEN ALZHEIMER

            Galizia é muller. Galizia ten xa moitos anos. Galizia ten o mal de Alzheimer, e cada día que pasa esquécese un pouco máis de todo e de todos.

            Esta é a súa historia:

            Cando era unha meniña, viviu illada e soa durante moito, moito tempo. Medrou facendo as cousas que facían os nenos, como traballar nas labouras do campo, coidar as vacas e axudar na casa. Galizia descoñecía o mundo e o mundo descoñecía a Galizia. Foi filla de nai solteira. A súa nai ensinoulle con cariño a lingua milenaria dos seus antergos, ensinoulle as tradicións ancestrais, o equilibrio ca natureza, o respeto aos ríos, prados e fragas, a coidar o noso e dos nosos, a ser unha boa veciña e respetar aos demáis, a non dicir mentiras, a ser traballadora e responsable, e por riba de todo a ser una boa persoa. Galizia era moi esperta, intelixente, cautelosa pero segura, sempre foi unha cativa chea de posibilidades de futuro. Pero a súa naiciña enfermou e morreu cando ela aínda era moi nova, enfermou dunha enfermidade común e morreu como tantos outros da súa época por non ter para pagar menciñas. E Galizia quedou soa neste mundo. Sen ninguén que mirase por ela, sen ninguén que a quixese. So tiña una prima que vivía alén do río Miño, demasiado lonxe para Galizia, unha fronteira demasiado profunda e traizoeira para unha meniña. Galizia xamais coñeceu ao seu pai, a súa nai contoulle que viña de mais alá da liña do mar, dunha illa de terra verde e fresca coma a nosa, contoulle que seu pai era un bo home, alto e forte, e que tiña o cabelo loiro e ollos azuis, aínda que Galizia sempre sospeitou que o seu pai morreu na guerra, á que foi obrigado a ir, coma moitos pais doutros nenos das aldeas. 

            Galizia sufríu a súa horfandade baixo o pé dos poderosos, e por mor do seu xénero só foi ao colexio ata os 9 anos. Ninguén se preocupou pola súa educación nin polo seu futuro. No pouco tempo que Galicia foi ao colexio so tivo un mestre; este falaba sempre noutro idioma que Galizia prácticamente non entendía, era un mestre moi maior, autoritario e ríxido, distante e cruel a maioría das veces.  Aquel mestre non coñecía a Galizia non lle interesaban as cousas que Galizia aprendera da súa nai, non lle interesaba a lingua, nin as tradicións e costumes, nin as crenzas, nin a música da terra, e non so non tiña ningún tipo de respeto por Galizias enón que de feito desprezaba sistemáticamente todas as cousas que Galizia aprendera da súa nai, castigábaa físicamente e maltratábaa por falar na súa lingua materna, zoscáballe cunha regra de madeira na punta dos dediños cada vez que dicía “cunca” en lugar de “taza”, e dicíalle a miúdo “Galizia sólo vale para limpiar y servir”, ensináballe nomes de ríos e vilas que non se correspondían cos que a xente empregaba normalmente, e ademais obrigábaa a pregarlle a un deus que promulgaba o amor e o respeto entre as persoas sen importar a súa raza, xénero ou procedencia, pero do que Galizia so recibía maldade e desprezo.

            Galizia traballou coma unha escrava na servidume durante moito tempo, 15 horas ao día, 7 días a semana, e 365 días ao ano, facendo os únicos traballos axeitados para Galizia: limpar, cociñar, cultivar a horta e servir; condeada de por vida ao desprezo, a humillación e o asoballamento por obra e graza dos poderosos.

            Cando Galizia entrou nos anos mozos, aínda que encollida polo medo tivo a coraxe de loitar contra o seu escuro destiño,  voltando á aldea que a víu nacer, onde coñeceu un mozo co que casou e tivo catro fillos.

            A maioría dos mozos e mozas da súa aldea comezaron a emigrar as Américas onde achar un futuro mellor a costa da traxedia do desarraigo e do esquecemento,  porque na aldea de Galizia xamais houbo acceso a cultura, e o único que sabían facer era traballar a terra e pouco máis.

            Pero Galizia non estaba disposta a marcharse a outro país; ela xa estaba no seu país,  non estaba disposta a renderse á realidade. Dicíase a si mesma que alguén tiña que quedar, que pronto retornarían todos os veciños e que todos vivirían mellor. Galizia non quixo abandoar o seu paraíso, os seus costumes e tradicións, as romarías e a súa xente, e sobre todo desexaba transmitirlle aos seus fillos a herdanza recibida da súa nai.

            O home de Galizia, igual que os outros veciños da aldea, tamén marchou alén do mar, a lonxanas terras onde buscar mellores oportunidades para seus fillos, deixando a Galizia soa outra vez neste mundo.
            E Galizia chorou e chorou polo seu home ata que se lle secaron as bágoas. E aos poderosos non lles importou o máis mínimo, nen fixeron nada para remedialo.

            Galizia non foi quen de darlle a educación e as oportunidades que desexaba aos seus catro fillos. A súa única preocupación e prioridade era poder darlles de comer cada día. Traballou no campo máis que calquera home, limpou, cociñou e serviu, todo o que fixo falla para sacar adiante aos seus fillos.

            Así que Galizia ficou na súa aldea, soa e case sen veciños e cos seus fillos sen perspectivas dun futuro mellor. A maioría dos veciños que marcharon as Américas xamáis volveron, e os seus fillos convertéronse en súbditos doutros países; xa non falaban a lingua de Galizia, descoñecedores das tradicións e costumes de Galizia esquecéronse das súas raíces, e as súas historias persoais diluíronse no mar das lembranzas e coma sempre aos poderosos daquela época nada lles importou.

            O tempo pasou, e Galizia chegou a súa madurez, envellecida polo traballo duro e as preocupacións.  A vida na pequena aldea permanecía inalterable, a mesma falla de oportunidades, a mesma desidia dos poderosos, o mesmo minifundismo mental e espiritual, a mesma sensación de abandono e desacougo, todo elo mesturado con pinceladas de tristura e amargura que sempre flotaban no ar que se respiraba.
            Os fillos de Galicia medraron, e do mesmo xeito que a xeración anterior, víronse na doente e imperiosa obriga da emigración. 

            Tristemente, de novo, Galizia quedou soa neste mundo. Chorou e chorou polo seus fillos ata que se lle terminaron as bágoas. E aos poderosos non lles importou o máis mínimo, nen fixeron nada para remedialo.
            E os homes e mulleres desa xeración emigraron coma unha marea infinita ata baleirar de esperanzas as vilas e pobos, porque nada, xa nada os retiña neste pais, agás a miseria.

            O fillos de Galizia marcharon cara Europa cunha gran dor no corazón. Non querían deixar a súa nai, non quería abandonar a súa aldea nin a súa terra, nin esquecer os costumes nin a tradicións, pero iso aos poderosos non lles importou o máis mínimo.

            Retornaban ás aldeas nos meses de verán para que os seus fillos voltasen a visitar a Galizia Ela pasaba todo o ano agardando o retorno dos seus e choraba desconsoladamente cada vez que se marchaban.
            O tempo transcorreu para Galizia e a vida na aldea permanecía inalterable.

            E Galicia foi avoa. Galizia tivo netos. Netos que falaban o inglés, o francés ou o alemán, que medraron noutras culturas, extranxeiros desarraigados na terra de orixe e na de destino. Abandoados a súa sorte, a maioría xa non falaban o idioma de Galizia, e moitos desenvolveron un agudo sentimento de desprezo por unha lingua e un país atrasados, e que soamente apreciaban como una infantil anécdota de verán.

            Outros netos de Galizia educáronse noutros paises, algúns recibiron unha formación superior grazas ao duro traballo dos seus pais, outros destacaron con excelencia nas súas disciplinas, acadando o xusto recoñecemento e promoción proporcional ao seu mérito e intelecto, sempre en comunidades onde o traballo e a valía e non a filiación e a servidume son o baremo que condiciona o futuro das persoas. Así, accederon á cultura e aos valores democráticos dos seus países de acollida, acadaron unha visión moderna e inconformista da realidade e uns valores de respecto e convivencia.  Nembargantes, cando voltaban a terra de Galizia decatábanse estupefactos dunha realidade diametralmente oposta: corrupción a todos os niveis, falla de formación, explotación laboral, podredume moral, especulación desaforada, inmobilismo e ausencia de innovación, envellecemento crónico da poboación e falla de relevo xeneracional, incultura xeneralizada, incendios forestais e desertización, contaminación de ríos, ausencia de oportunidades, falla de respecto as normas máis básicas de convivencia. Atopáronse de súpeto co país dos ananos do que falaba Celso Emilio Ferreiro, un vello amigo da súa avoa.

            Decatáronse de que ao longo do tempo houbera unha selección endogámica e artificial da poboación. Os poderosos, a súa descendencia e achegados, sistemáticamente perpetuáronse ata o presente en postos de decisión e poder. Varias xeracións de privilexiados dirixiron, decidiron e marcaron o destiño de millóns de vidas. Adiñeirados, terratenentes, funcionarios, súbditos da igrexa e de poderes foráneos, caciques disfrazados de salvadores, banqueiros, e un exército de paletos amorais e minifundistas mentais que non dubidaban un segundo á hora de traizoar aos seus veciños a cambio de migallas ou de trocar os seus apelidos para distinguirse da masa empobrecida e inculta. Así naceron os Rajois, os Feijoos, os Freijedos, os Lajes, os Seijos, os Bujan, os Teijeiros, os Villarinos, os Amejeiras, os Gallegos, os Gesteiros, os Oteros, os Montoto, os Fuentes, os Puentes, os Villanuevas, os Losadas, os Lorenzos, os Requeijos, e os mil ecéteras…; insultando e desprezando a tódolos descendentes que herdaron uns apelidos falseados que lles tocou levar como un estigma do pasado.

            Esta xerarquía decrépita e anacrónica, traizoeira e mentireira, mantivo e seguía a manter unha estrutura piramidal baseada no favor e na influencia, no interese e no amiguismo chaqueteiro, na discriminación e na inxustiza, e por riba de todo, no comercio coa miseria humana e a explotación xeneralizada da necesidade.

            Algúns netos de Galizia tentaron voltar as aldeas, a terra dos seus pais e avós, coa esperanza de recuperar as súas raíces, coa ilusión de comezar unha nova vida, de ter unha familia e un futuro mellor;  pero a situación era exactamente a mesma que cando Galizia era una moza, do mesmo xeito que as xeracións anteriores emigraron as Américas e logo a Europa, agora tocaba emigrar a calquera lugar do mundo onde houbera traballo e futuro, baleirando aínda máis a xa case inexistente paisaxe humana das vilas e pobos.

            E Galizia novamente quedou soa neste mundo. Galizia chorou e chorou polos seus netos ata que se lle cristalizaron as bágoas. E aos poderosos non lles importou o máis mínimo, nen fixeron nada para remedialo.

            A esperanza de Galizia morreu cos seus netos, todo o duro traballo da súa vida non foi dabondo para trocar a realidade, e a súa lonxevidade só lle valeu para poder ver coma o legado que lle foi transmitido pola súa nai pérderase sen remedio nas seguintes xeracións.

            Agora Galizia é anciá e ten Alzheimer, indefensa e débil, sen forzas para loitar, logo dunha longa vida de sufrimentos e privacións, achégase ó seu final. 

            Foise esquecendo pouco a pouco de todo o que amaba, todo o que lle rodea é alleo para ela, ten a mesma mirada de illamento e soidade que cando era unha meniña.

            Galizia esqueceuse dos seus netos e dos seus catro fillos, esqueceuse do seu home, da casa e o pobo onde naceu e dos seus veciños, esqueceuse dunha vida dura de sufrimento e traballo, e das inxustizas que trazaron a súa vida. Galizia perdeu as lembranzas da infancia, a beleza das fragas e os montes que a viron medrar, dos ríos e regatos onde lavaba a roupa, e dos carreiros por onde camiñou. Galizia esqueceuse da faciana da súa nai, de tódalas tradicións marabillosas que lle ensinou e tamén letra a letra fóronse apagando as palabras da lingua herdada que tanto falou.

            A enfermidade extirpou da súa memoria as poucas bágoas que lle quedaban nos seus ollos. Galicia xa non pode nin sabe chorar por ninguén. Galicia está nun estado vexetal, inerte aínda que latexante, paralizada dos seus membros, postrada e indefensa ante o inminente desenlace, impasible ante o sufrimento das novas xeracións.

            Galizia tamén esqueceu o resentimento, a rabia, o odio, e o desexo de vinganza contido e acumulado durante tanto tempo nos ósos e nos músculos do seu corpo, cara eses ananos sen alma e sen remorsos que condicionaron para mal a súa vida e a dos seus descendentes.

            Galizia esqueceusexa de todo e de todos.