"GALIZIA" É UN TOPÓNIMO FICTICIO QUE ESCOLLÍN PARA ESTE BLOG, COMO SÍMBOLO DA MIÑA ABSOLUTA INDEPENDENCIA DE IDEOLOXÍAS E TENDENCIAS E AO MESMO TEMPO COMO COMPROMISO CA MIÑA TERRA E COS MEUS PAISANOS E CONCIDADÁNS, COMPROMISO COS QUE LOITAN A PESARES DAS CIRCUNSTANCIAS, COMPROMISO COS QUE TIVERON QUE MARCHAR, E UNHA HOMENAXE AOS QUE DESGRACIADAMENTE XA NON ESTÁN.

jueves, 18 de noviembre de 2010

GALIZIA E A POLÍTICA FORESTAL DOS IRMÁNS MARX.....

Dicía Castelao en "Sempre en Galiza" que cando un galego saiba o que vale unha árbore deixará de emigrar.

Onde está agora a "Galizia Verde" que tanto loubaron os poetas da nosa terra?. Onde están os bosques mestos primixenios de bidueiros, faias, freixos, aveleiras, carvallos, acivros e teixos dos que soio quedan manchas tristes e esgotadas. Onde foron os ecosistemas de riveira que pouco a pouco foron cedendo o acoso implacable da man da ignorancia máis atrevida. Onde está a riqueza do bosque mixto, autóctono e sostible de Galizia, que foi sustento para vivir, quentarse e comer de  tantas xeracións de habitantes da nosa terra.

A flora e a fauna galega enfréntanse na actualidade a 245 variedades invasoras foráneas, según o último informe publicado ao respecto pola Consellería de Medio Ambiente. A listaxe de prantas invasivas é a máis numerosa, cun total de 154 especies definidas como tales, entre elas o plumero Pampero.

O piñeiro que chaman "do país", xunto co eucalipto e as acacias,  son especies foráneas. foros introducidas por motivos e intereses únicamente economicos. Estas especies son sistematicamente cultivadas como Monocultivos, de xeito intensivo, igual que se fai na agricultura. Os monocultivos non existen na natureza, son aberracións xeradas polo ser humano. Na agricultura os monocultivos son atacados constantemente por pragas que crecen de xeito exponencial ao ter alimento infinito, razón pola cal se desenvolveron e extenderon os pesticidas químicos.

O Piñeiro (Pinus Pinaster) Propio de climas mediterráneos non é autóctono de Galizia , entrou en Galizia polo sur probablemente no século XIX debido á naturalización desta árbore en Portugal como consecuencia das medidas repoboadoras da monarquía lusa.


É unha árbore de baixo valor engadido,  materia prima para empresas como FINSA para fabricar pouco máis que taboleiros industriais, ou para facer mobles baratos de pouca rendibilidade. Empresas que curiosamente NON prantan unha soa árbore, non repoboan nada agás o seu peto, e diso encárgase a Xunta cos nosos cartos, nas nosas terras e os seus enxeñeiros forestais pagados nós. O Piñeiro morre cando hai un incendio. Despois do lume só rebrotan os carvallos, sobreiras ou as especies autóctonas, isto sábeo todo o mundo! O lóxico sería repoboar coas especies autóctonas ou caducifolios de alto valor económico, para que a medio prazo no se repetise o lume, pero en lugar de facelo invirtese mais e mais en medios de extinción de incendios..., xerando unhos intereses escuros aorredor do negocio dos lumes,  loxicamente sería  mellor previr que lamentar....pero a xente que decide a lóxica dalles igual.....


O Eucalipto (Eucaliptus Globulus). Como dixo un día un "erudito" con nome de fraga (ironías do destiño supoño): " o eucalipto é imprescindible se queremos limpar os mocos e o cú".


Os novos rexímenes locais daquela época converteron a Galizia nunha fonte inagotable de recursos para industria papeleira que apesta dende hai décadas a ría de Pontevedra, traendo consigo os beneficios do progreso.

A decisión tomouse ao marxe da xente do noso país, ao marxe dos sabios, ao marxe da lóxica, esos bosques de Galizia, propiedade de tódolos galegos, eran para a industria. Todo o monte, labregos incluidos, tiñan que someterse aos dictámenes do progreso industrial. Algúen decidiu que Galizia convertirísase nun referente mundial na producción de pasta de celulosa para a fabricación de papel tisú.

Deste xeito, o minifundista e antiasociativo paisano galego, viu como as súas vellas carballeiras convertíanse primeiro en tábulas rasas e logo por arte de maxia en prantacións masivas desas novas árbores altas e marabillosas que trouxo o progreso. Estes crecían rápidos, eficientes, prolíficos, o piñeiro e o eucalipto foron a encarnación celulósica das invasións foráneas.

Pero pronto descubriron que nesas plantacións de eucaliptos os cerdos non tiñan que comer, xa non salían as setas, non podían levar a pacer as vacas porque alí non crece a herba, nen sequera valían para recoller leña e menos para facer mobles.

Ninguén, ninguén deses enxeñeiros e funcionarios de despacho se molestou en explicarlles as consecuencias destes monocultivos masivos:  que o eucalipto ten unha xenética agresiva, que devora os nutrintes do chan eliminando asi a todos os seus competidores, facendose logo incompatible con outras especies, que provoca a acidificación do chan e a disminucion da capacidade de intercambio catiónico, que o contido de materia orgánica tamén disminúe notablemente, que se producen cambios irreversibles na textura e estructura dos solos, que induce á perda da biodiversidade tradicional de Galizia. E dado que se reforestou con eucalipto nas beiras das cuencas fluviais, nas fragas e en calquera lugar onde crecera sen ningún tipo de criterio técnico ou moral, afectáronse os ciclos hidrolóxicos, ás capacidades de recarga das capas freáticas é disminuindo dramaticamente a alimentación dos cursos de pequeños ríos, regatos e demáis augas superficiais, traendo a Galizia o mecanismo típico dos monocultivos forestais de eucalipto que se caracterizan por comportase como verdadeiros desertos verdes.


NOTA DE PRENSA. 15/01/2011. O Correo Galego .- OS RÍOS GALEGOS ESTÁN CONTAMINADOS, DEGRADACIÓN DAS MARXES E RETROCESO DOS BOSQUES DE RIBEIRA.- http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/rios-galegos-na-uci/idEdicion-2011-01-15/idNoticia-629867/



NOTA DE PRENSA.12/04/2011.- OS ECOLOXISTAS RECLAMAN QUE SE ACOTEN AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS. - http://www.noticias.com/los-ecologistas-reclaman-que-se-acote-la-plantacion-de-eucaliptos.1021659

O mal xa está feito
. As carvalleiras tardarían un século como mínimo para rexenerarse, pero non lles deixaron. Ao plantar e subvencionaren esas máquinas de crecer, non lles deixaron ninguha oportunidade. Pouco a pouco os bosques autoctonos foron perdendo terreo nas nosas paisaxes, arrinconados nos lugares mais apartados para o home, lugares de peregrinaxe para biólogos, botánicos, ecoloxistas e nostálxicos do que foi e do que desgraciadamente non votará a ser pola obra e gracia dos poderosos aos que lle soe dar igual as consecuencias dos seus actos

Penso que no fondo as paisaxes de eucalipto e terra queimada que agora caracterizan as postales de Galizia  non son máis que un reflexo da paisaxe humán que impera na nosa terra: a mediocridade, a miseria humana, o egoismo, o minifundismo espitual e mental, a politica do loctite ( ben pegados aos asentos), a politica do exipcio (cunha man cara adiante e outra cara atrás), a falla de honestidade, a política da traizón sistemática, as políticas chaqueiras, a amoralidade xeneralizada, a pouca educación e cultura máis básica, a falla do mínimo senso común, e mil ecéteras dos que podería seguir falando liñas e liñas, pero do que teño moi presente e que é representativo da nosa sociedade, ainda que as veces coste moito mirarse o cú e vernos tal e como somos.

Este crimen ecolóxico prepetrado impunemente ten solucción?

Hoxe temos en Galizia 3 universidades, nunca tivemos tanta formación e tanta información e acceso á cultura. Estamos a favor dos indixenas amazónicos e condeamos sin miramentos os atentados contra os bosques da amazonía (que din que son o pulmón do mundo), e nin siquera temos a capacidade comparativa para decatarnos das consecuencias tan graves que ten a desaparición do bosque boreal atlántico galego para a nosa cultura, ademáis do mesmo problema ecolóxico que na amazonía, a perda dos nosos bosques supón a esquecemento mesmo da nosa identidade e da nosa esencia de pobo eminente rural,  é un  ETNOCIDIO en toda regra.

Estas son as consencuencias da politica forestal dos irmáns Marx que se sigue a levar a cabo hoxe en dia, polo absurdo dos plantexamentos, polo escurantismo e a impunidade absoluta con que as administracións manexan os nosos recursos, pola situación mais propia do feudalismo medieval que dunha democracia real que represente aos cidadáns.

O 95% dos cidadán de Galizia está dacordo en protexer os ecosistemas autótonos....., que algúen faga unha enquisa ou un referendum....

Un estudo do período 1996-1999 dí que as especies empregadas en repoboación do monte galego foron:  CONIFERAS = 62%,  EUCALIPTO =  32,69%, CADUCIFOLIAS = 5,31%.


É dicir, a política dos Irmans Marx continúa vixente e ademais intensifícase. É unha política absurda e ilóxica, agás a lóxica do beneficio a curto prazo duns poucos a costa da maioría. A destrucción dos ecosistemas de Galizia continúa ao longo do tempo, independentemente de quen dirixa a política forestal, e isto é abrir a porta ao deserto, aos danos irreversibles, e a pobreza,  e o único que se me ocorre decir é que Galizia segue e seguirá unha terra servil sometida aos intereses dos poderosos que o único que lles interesa é servir a industria, e a modo de resumo o interés desta é......tachán, tachán, .......:  "madeira barata para facer papel de limparse o cú  e facer mobles barateiros coas suas virutas".



A  Acacia ( Acacia Dealbata), a Mimosa é unha especie orixinaria do dureste de Auxtralia e Tasmania. A súa flor confúndese coa do Toxo. É moi frecuente á beira de moitos dos nosos ríos, hai moitísimas nas concas dos ríos Miño e Sil. Realmente é unha praga.

Eliminar a praga de mimosas en Galicia requiriría un plan a 50 anos.- 

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/04/11/0003_201104G11P26995.htm?idioma=galego

As primeiras citas desta especie xa naturalizada datan do ano 1945 e dende aquela non deixou de exendirse, principalmente en áreas incendiadas debido a súa elevada vocación "pirófita", igual que o eucalipto, xa que o incendio favorece a xerminación das súas sementes e o rebrote.

O uso sistemático polos nosos viticultores para facer "chantóns" para entoturar as cepas, foi tamén unha das razóns para a súa extensión tan espallada na nosa xeografía. Así que se foi facendo realidade o abandono rural, estos focos de acacia foron medrando sen control de ningún tipo.

A colonización da acacia trae consigo graves consecuencias, primeiramente crea un horizonte monoespecífico e o chan pasa a componerse dun grande e profundo entramado das súas raíces. Si engadimos o seu elevado potencia "alelopático" que dificulta a xerminación doutras especies ( igual que o eucalipto), entederemos a difultade existente da vexetación autóctona que pouco a pouco vai cedendo terreo.Ademáis provoca efectos nefríticos derivados das alerxias.


Todos os ecosistemas evolucionan, isto é unha lei natural, non se pode pretender conservar todo a toda costa e por riba de todo, iso seia unha toleria. Existe unha presión humana, una presión evolutiva marcada polo desenvolvemento da tecnoloxia da nosa civilización que afecta aos ecosistemas, logo é compresible certo grao de intervención nos ecosistemas forestales. Pero a cuestión é outra:  as intervencións nos bosque de Galizia foron de tal magnitude e por razons tan claramente equivocadas e interesadas, que non cabe maís que expoñelas, clarificalas e por su posto denuncialas.

Primero hai que dicir alto e claro cales son as razóns lóxicas para promover e manter unha política forestal baseada na explotación sostible do bosque mixto :

   1.  O bosque mixto é o ecosistema natural de Galizia, onde temos o privilexio de ter un clima Boreal Atlántico idóneo para a maioría das especies rendibles do mundo, agás as tropicales e ás de frío extremo.

   2.  O bosque mixto permite a explotación simultánea de multitud de especies, favorecendo as cortas selectivas de árbores que xa alcanzaron a súa madurez comercial, deixando no mesmo lugar da corta, a masa forestal doutras especies que reteñen o solo, evitando a desertización por escorregamento de terreos.

  3.  O bosque mixto  favorece a biodiversidade , micolóxica, cinexética e serve de entorno favorable para o desenvolmento e conservación das especies autotonas e endémicas de Galizia.


  4.  O bosque mixto é un tremendo motor económico ao permitir explotar especies de alto valor no mercado: as apreciadas madeiras nobres de nogueira, cerceira, faia, arce, carvallo galego e americano, castiñeiro, freixo, etc..., favorecendo o desenvolvemento de industrias locais nas areas rurais, dende a recollida da madeira ata a fabricación de mobles de calidade, fixando a poboación no ambito rural, e incrementando a distribución da riqueza baseada na sostenibilidade.

  5. Aproveitamento dos moitos subproductos forestais: os restos da broza, materia prima para as Centrais de Biomasa,  que ademáis de promover a limpeza dos bosques preveñen incendios forestais, xeran electricidade localmente de xeito sostible e crean postos de traballo no rural. Tamen a manufactura e explotacion de froitos arboreos (castañas, noces, avelás, etc..), recollida anual productos micoloxicos, apicultura, etc....


  6.  O bosque mixto NON morre cos incendios forestais. O bosque mixto é caducifolio. Na maioría dos casos as árbores caducifolias sobreviven aos incendios, rebrotan polo tronco e xeran novas ramas e follas. Impiden sistematicamente a perda de solo e preveñen os procesos de desertización.



NOTA DE PRENSA 07/12/2010:

Menos biodiversidade, máis enfermidades!!

Bosque

O estudo advirte sobre a necesidade de protexer as rexions ricas en biodiversidade, para evitar o aumento da transmisión de enfermidades infecciosas.

A perda de biodiversidade aumenta o risco de transmisión de enfermidades infecciosas entre os seres humanos.

Ísta é a conclusión dunha investigación realizada en Estados Unidos que analizou cerca de 25 estudos diferentes levados a cabo nos últimos cinco anos.

"Isto débese a que as especies que tenden a desaparecer primeiro –cando comenza a verse afectada a biodiversidade- son aquelas que son maiss efectivas en reducir os índices de transmisión de enfermidades",  dixolle a BBC Mundo Felicia Keesing do Bard College de Nueva Iork e autora principal do estudo.

"Mentras que as que sobreviven", engade, "solen ser aquelas que aumentan a transmisión".









 

martes, 16 de noviembre de 2010

GALIZIA NO PAÍS DOS PURINES......

Nota de prensa 16-11-2010 . Os graves perigos de alterar o ciclo de nitróxeno na Terra:
Os seres humáns estamos sobrecargando os ecosistemas con nitróxeno debido á queima de combustibles fósiles e ao incremento das actividades industriais e agrícolas que producen nitróxeno. A pesar de que o nitróxeno é un elemento esencial para a vida, en altas cantidades resulta perxudicial para o medio ambiente. Un novo estudo alerta de hasta qué punto o ciclo do nitróxeno está sendo alterado polas actividades humans, e denuncia o perigo de que as consecuencias nocivas sexan de tal magnitude que se requiran décadas ou séculos para voltar á situación normal.


Ista realidade é allea aos responsables de saúde, medio ambiente, industria e política enerxética do noso país.

Os purines ou o xurro son verquidos de forma salvaxe nos nosos prados e montes sin ningún tipo de control en canto a cantidade e localización. Isto é unha auténtica barbaridade. A forraxe que come o gando foi recollida logo de votar xurro a moreas. A contaminación por nitróxeno é unha realidade no noso país.

A incultura sen dúbida é o abono mais abundante na nosa terra;  a xente do noso rural fai cos purines o mesmo que cos pesticidas aos que chaman "mediciña", e coa mesma lóxica vótase máis xurro para que o forraxe sai mais verde e mellor, e claro o que non se vé pois non pode ser malo.....e coma a contaminación por nitróxeno non se vé pois non hai tal problema....ou non existe para eles.

Temos o ALGORITMO PERFECTO, aplicado sistemáticamente no noso entorno máis próximo e perfeccioado ao longo dos séculos por eminentes "eruditos" vasalos dos poderes dominantes :

INCULTURA XENERALIZADA + FALLA DE PROFESIONALIDADE , FORMACIÓN E INFORMACIÓN+ ABANDONO DO RURAL + ENVELLECEMENTO CRONICO DA POBOACIÒN + PODREMIA MORAL + DESIDIA DAS ADMINISTRACIÓNS =  Contaminación e envenenamento por nitroxéno garantizada de por vida.




Que llo digan aos afeccionados a micoloxía, os seteiros; onde se vota o xurro non crece una seta. O nitróxeno é AMONIACO, e iso mata, vai a cadea alimenticia,aos acuíferos e as augas subterráneas, chega aos niveis freáticos e adicifica o chan.

A falla de seguemento de calquera media preventiva agracia provoca o emprego dos purines sen ningun tipo de control de límites por hectárea, nin límites aos ríos e regatos, reganto en periódos de chivia intensa ou áreas enchoupadas de auga o en pendentes maiores as recomendadas.

Os efectos inmediatos van dende a morte micoloxica, os malos cheiros e as irritacions producidas pola oriña, ata a exposición as nitrosaminas (potencialmente cancerixena) pasando pola exposición a axentes patóxenos como a Salmonalla, a Brucella,, Mycobacterium Tuberculosos, Leptospira, Yeersinia, Campylobactar, Erysipelothris, Listeria e Treponema entre outros.....

O nitroxeno é un veneno que mata, e se pensamos que os humanos somos o gando mais numeroso, pois cabe pensar nos milleiros e milleiros de colectores de "XURRO HUMANO" que van parar as rías e ríos da nosa xeografía, sen depurar...., ¿estamos tolos de atar?; despois que ninguén se sorprenda cando o peixe e o  marisco cada vez é máis escaso e de menor calidade, cada vez hay máis especie foráneas que se adaptan mellor ás augas contaminadas.....

Nalgúns paises do mundo financianse sistemas e redes de recollida de xurro das granxas gandeiras ( vacuno, ovino, etc...) e o seu tratamente en Centrais de Enerxía, Bioreactores que acumulan e queiman o metano e os gases que libera o purín no proceso de fermentación, producindo enerxia ecolóxica, sostible e renovable a nivel local, proporcionando electricidade aos propios gandeiros, aforrando estés no gasto enerxético da súa explotación, producindo subproductos para a industria que xeneran beneficios (abonos, compost, etc...), evitando ao mesmo tempo o verquido á atmosfera dese metano, e evitando os verquidos nos acuíferos e mellorando a situación xeral do sector rural en canto a recursos, emprego, aposta enerxética sostible, etc,,,,,

Ata os chineses, que ainda que en teoría están mais atrasados que nos fan cousas coma esta:

Nota de prensa Mécores, 24 Novembro 2010 :  Huishan Dairy, ao noreste de China, instala motores Jembacher 420e para xerar electridade a partires do obiogas. E a maior la instalación deste tipo no mundo para a xeración de electricidade mediante a recolección do metano emitido poa fermentación do esterco de vaca.


Só ten ventaxas.

A miña pregunta é PORQUE NON SE FAI EN GALIZIA? , supoño que por moitas razóns, intereses das empresas electricas que prefiren explotar outros recursos máis rentables e cun beneficio a curto prazo, seguindo o que eu chamo a POLITICA DO EUCALIPTO, é dicir, aquela política que seguen ou aceptan o 95% dos galegos :  só interesa o beneficio a curto prazo, ainda que supoña case sempre pan para hoxe e fame para mañá, e claro a consecuencia palpable disa política de terra queimada témola na sangría da poboación rural, o abandono xeneralizado do campo e a emigración sostida e imparable en Galizia dende hai máis de 100 anos, e todo elo, por non pensar nin sequera a medio plazo, e todo este contexto anti-innovador e involucionista sempre co beneplácito por acción ou omisión dos responsables políticos de turno.

Non se fai nadaou case nada porque invertir no rural non interesa, porque os cartos invertidos no rural non se ven, non son rentables politicamente.  A xente do rural é dunha media de idade altisima, non tiveron acceso na súa maioria nin a cultura , nin a os medios financieros suficientes.  Por iso non hai políticas serias para fixar poboación nova nas zonas rurais, non hay políticas realistas para levar a sociedade da información ás áreas rurais onde as poucas conexións que existen son lentas e caras, non hay políticas de formación e modernización axeitadas e xeneralizadas, todo elo básicamente porque os dirixentes son os primeiros que non teñen o mínimo interese.....


Amigos, con este panorama coido que o futuro será bastante pésimo en canto a contaminación por nitroxeno, aportaremos o noso gran de area en pos da avanzada civilización occidental, que pouco a pouco morre afogada na súa propia merda......

lunes, 1 de noviembre de 2010

GALIZIA É MULLER, ANCIÁ, E TEN ALZHEIMER.......


GALIZIA É MULLER, ANCIÁ, E TEN ALZHEIMER

Galizia é muller. Galizia ten xa moitos anos. Galizia ten o mal de Alzheimer, e cada día que pasa esquécese un pouco máis de todo e de todos.

Esta é a súa historia:

Cando era unha meniña, viviu illada e soa durante moito, moito tempo. Medrou facendo as cousas que facían os nenos, como traballar nas labouras do campo, coidar as vacas e axudar na casa. Galizia descoñecía o mundo e o mundo descoñecía a Galizia. Foi filla de nai solteira. A súa nai ensinoulle con cariño a lingua milenaria dos seus antergos, ensinoulle as tradicións ancestrais, o equilibrio ca natureza, o respeto aos ríos, prados e fragas, a coidar o noso e dos nosos, a ser unha boa veciña e respetar aos demáis, a non dicir mentiras, a ser traballadora e responsable, e por riba de todo a ser una boa persoa. Galizia era moi esperta, intelixente, cautelosa pero segura, sempre foi unha cativa chea de posibilidades de futuro. Pero a súa naiciña enfermou e morreu cando ela aínda era moi nova, enfermou dunha enfermidade común e morreu como tantos outros da súa época por non ter para pagar menciñas. E Galizia quedou soa neste mundo. Sen ninguén que mirase por ela, sen ninguén que a quixese. So tiña una prima que vivía alén do río Miño, demasiado lonxe para Galizia, unha fronteira demasiado profunda e traizoeira para unha meniña. Galizia xamais coñeceu ao seu pai, a súa nai contoulle que viña de mais alá da liña do mar, dunha illa de terra verde e fresca coma a nosa, contoulle que seu pai era un bo home, alto e forte, e que tiña o cabelo loiro e ollos azuis, aínda que Galizia sempre sospeitou que o seu pai morreu na guerra, á que foi obrigado a ir, coma moitos pais doutros nenos das aldeas. 

Galizia sufríu a súa horfandade baixo o pé dos poderosos, e por mor do seu xénero só foi ao colexio ata os 9 anos. Ninguén se preocupou pola súa educación nin polo seu futuro. No pouco tempo que Galicia foi ao colexio so tivo un mestre; este falaba sempre noutro idioma que Galizia prácticamente non entendía, era un mestre moi maior, autoritario e ríxido, distante e cruel a maioría das veces.  Aquel mestre non coñecía a Galizia non lle interesaban as cousas que Galizia aprendera da súa nai, non lle interesaba a lingua, nin as tradicións e costumes, nin as crenzas, nin a música da terra, e non so non tiña ningún tipo de respeto por Galizias enón que de feito desprezaba sistemáticamente todas as cousas que Galizia aprendera da súa nai, castigábaa físicamente e maltratábaa por falar na súa lingua materna, zoscáballe cunha regra de madeira na punta dos dediños cada vez que dicía “cunca” en lugar de “taza”, e dicíalle a miúdo “Galizia sólo vale para limpiar y servir”, ensináballe nomes de ríos e vilas que non se correspondían cos que a xente empregaba normalmente, e ademais obrigábaa a pregarlle a un deus que promulgaba o amor e o respeto entre as persoas sen importar a súa raza, xénero ou procedencia, pero do que Galizia so recibía maldade e desprezo.

Galizia traballou coma unha escrava na servidume durante moito tempo, 15 horas ao día, 7 días a semana, e 365 días ao ano, facendo os únicos traballos axeitados para Galizia: limpar, cociñar, cultivar a horta e servir; condeada de por vida ao desprezo, a humillación e o asoballamento por obra e graza dos poderosos.

Cando Galizia entrou nos anos mozos, aínda que encollida polo medo tivo a coraxe de loitar contra o seu escuro destiño,  voltando á aldea que a víu nacer, onde coñeceu un mozo co que casou e tivo catro fillos.

A maioría dos mozos e mozas da súa aldea comezaron a emigrar as Américas onde achar un futuro mellor a costa da traxedia do desarraigo e do esquecemento,  porque na aldea de Galizia xamais houbo acceso a cultura, e o único que sabían facer era traballar a terra e pouco máis.

Pero Galizia non estaba disposta a marcharse a outro país; ela xa estaba no seu país,  non estaba disposta a renderse á realidade. Dicíase a si mesma que alguén tiña que quedar, que pronto retornarían todos os veciños e que todos vivirían mellor. Galizia non quixo abandoar o seu paraíso, os seus costumes e tradicións, as romarías e a súa xente, e sobre todo desexaba transmitirlle aos seus fillos a herdanza recibida da súa nai.

O home de Galizia, igual que os outros veciños da aldea, tamén marchou alén do mar, a lonxanas terras onde buscar mellores oportunidades para seus fillos, deixando a Galizia soa outra vez neste mundo.
E Galizia chorou e chorou polo seu home ata que se lle secaron as bágoas. E aos poderosos non lles importou o máis mínimo, nen fixeron nada para remedialo.

Galizia non foi quen de darlle a educación e as oportunidades que desexaba aos seus catro fillos. A súa única preocupación e prioridade era poder darlles de comer cada día. Traballou no campo máis que calquera home, limpou, cociñou e serviu, todo o que fixo falla para sacar adiante aos seus fillos.

Así que Galizia ficou na súa aldea, soa e case sen veciños e cos seus fillos sen perspectivas dun futuro mellor. A maioría dos veciños que marcharon as Américas xamáis volveron, e os seus fillos convertéronse en súbditos doutros países; xa non falaban a lingua de Galizia, descoñecedores das tradicións e costumes de Galizia esquecéronse das súas raíces, e as súas historias persoais diluíronse no mar das lembranzas e coma sempre aos poderosos daquela época nada lles importou.

O tempo pasou, e Galizia chegou a súa madurez, envellecida polo traballo duro e as preocupacións.  A vida na pequena aldea permanecía inalterable, a mesma falla de oportunidades, a mesma desidia dos poderosos, o mesmo minifundismo mental e espiritual, a mesma sensación de abandono e desacougo, todo elo mesturado con pinceladas de tristura e amargura que sempre flotaban no ar que se respiraba.
Os fillos de Galicia medraron, e do mesmo xeito que a xeración anterior, víronse na doente e imperiosa obriga da emigración. 

Tristemente, de novo, Galizia quedou soa neste mundo. Chorou e chorou polo seus fillos ata que se lle terminaron as bágoas. E aos poderosos non lles importou o máis mínimo, nen fixeron nada para remedialo.
E os homes e mulleres desa xeración emigraron coma unha marea infinita ata baleirar de esperanzas as vilas e pobos, porque nada, xa nada os retiña neste pais, agás a miseria.

O fillos de Galizia marcharon cara Europa cunha gran dor no corazón. Non querían deixar a súa nai, non quería abandonar a súa aldea nin a súa terra, nin esquecer os costumes nin a tradicións, pero iso aos poderosos non lles importou o máis mínimo.

Retornaban ás aldeas nos meses de verán para que os seus fillos voltasen a visitar a Galizia Ela pasaba todo o ano agardando o retorno dos seus e choraba desconsoladamente cada vez que se marchaban.
O tempo transcorreu para Galizia e a vida na aldea permanecía inalterable.

E Galicia foi avoa. Galizia tivo netos. Netos que falaban o inglés, o francés ou o alemán, que medraron noutras culturas, extranxeiros desarraigados na terra de orixe e na de destino. Abandoados a súa sorte, a maioría xa non falaban o idioma de Galizia, e moitos desenvolveron un agudo sentimento de desprezo por unha lingua e un país atrasados, e que soamente apreciaban como una infantil anécdota de verán.

Outros netos de Galizia educáronse noutros paises, algúns recibiron unha formación superior grazas ao duro traballo dos seus pais, outros destacaron con excelencia nas súas disciplinas, acadando o xusto recoñecemento e promoción proporcional ao seu mérito e intelecto, sempre en comunidades onde o traballo e a valía e non a filiación e a servidume son o baremo que condiciona o futuro das persoas. Así, accederon á cultura e aos valores democráticos dos seus países de acollida, acadaron unha visión moderna e inconformista da realidade e uns valores de respecto e convivencia.  Nembargantes, cando voltaban a terra de Galizia decatábanse estupefactos dunha realidade diametralmente oposta: corrupción a todos os niveis, falla de formación, explotación laboral, podredume moral, especulación desaforada, inmobilismo e ausencia de innovación, envellecemento crónico da poboación e falla de relevo xeneracional, incultura xeneralizada, incendios forestais e desertización, contaminación de ríos, ausencia de oportunidades, falla de respecto as normas máis básicas de convivencia. Atopáronse de súpeto co país dos ananos do que falaba Celso Emilio Ferreiro, un vello amigo da súa avoa.

Decatáronse de que ao longo do tempo houbera unha selección endogámica e artificial da poboación. Os poderosos, a súa descendencia e achegados, sistemáticamente perpetuáronse ata o presente en postos de decisión e poder. Varias xeracións de privilexiados dirixiron, decidiron e marcaron o destiño de millóns de vidas. Adiñeirados, terratenentes, funcionarios, súbditos da igrexa e de poderes foráneos, caciques disfrazados de salvadores, banqueiros, e un exército de paletos amorais e minifundistas mentais que non dubidaban un segundo á hora de traizoar aos seus veciños a cambio de migallas ou de trocar os seus apelidos para distinguirse da masa empobrecida e inculta. Así naceron os Rajois, os Feijoos, os Freijedos, os Lajes, os Seijos, os Bujan, os Teijeiros, os Villarinos, os Amejeiras, os Gallegos, os Gesteiros, os Oteros, os Montoto, os Fuentes, os Puentes, os Villanuevas, os Losadas, os Lorenzos, os Requeijos, e os mil ecéteras…; insultando e desprezando a tódolos descendentes que herdaron uns apelidos falseados que lles tocou levar como un estigma do pasado.

Esta xerarquía decrépita e anacrónica, traizoeira e mentireira, mantivo e seguía a manter unha estrutura piramidal baseada no favor e na influencia, no interese e no amiguismo chaqueteiro, na discriminación e na inxustiza, e por riba de todo, no comercio coa miseria humana e a explotación xeneralizada da necesidade.

Algúns netos de Galizia tentaron voltar as aldeas, a terra dos seus pais e avós, coa esperanza de recuperar as súas raíces, coa ilusión de comezar unha nova vida, de ter unha familia e un futuro mellor;  pero a situación era exactamente a mesma que cando Galizia era una moza, do mesmo xeito que as xeracións anteriores emigraron as Américas e logo a Europa, agora tocaba emigrar a calquera lugar do mundo onde houbera traballo e futuro, baleirando aínda máis a xa case inexistente paisaxe humana das vilas e pobos.

E Galizia novamente quedou soa neste mundo. Galizia chorou e chorou polos seus netos ata que se lle cristalizaron as bágoas. E aos poderosos non lles importou o máis mínimo, nen fixeron nada para remedialo.

A esperanza de Galizia morreu cos seus netos, todo o duro traballo da súa vida non foi dabondo para trocar a realidade, e a súa lonxevidade só lle valeu para poder ver coma o legado que lle foi transmitido pola súa nai pérderase sen remedio nas seguintes xeracións.

Agora Galizia é anciá e ten Alzheimer, indefensa e débil, sen forzas para loitar, logo dunha longa vida de sufrimentos e privacións, achégase ó seu final. 

Foise esquecendo pouco a pouco de todo o que amaba, todo o que lle rodea é alleo para ela, ten a mesma mirada de illamento e soidade que cando era unha meniña.

Galizia esqueceuse dos seus netos e dos seus catro fillos, esqueceuse do seu home, da casa e o pobo onde naceu e dos seus veciños, esqueceuse dunha vida dura de sufrimento e traballo, e das inxustizas que trazaron a súa vida. Galizia perdeu as lembranzas da infancia, a beleza das fragas e os montes que a viron medrar, dos ríos e regatos onde lavaba a roupa, e dos carreiros por onde camiñou. Galizia esqueceuse da faciana da súa nai, de tódalas tradicións marabillosas que lle ensinou e tamén letra a letra fóronse apagando as palabras da lingua herdada que tanto falou.

A enfermidade extirpou da súa memoria as poucas bágoas que lle quedaban nos seus ollos. Galicia xa non pode nin sabe chorar por ninguén. Galicia está nun estado vexetal, inerte aínda que latexante, paralizada dos seus membros, postrada e indefensa ante o inminente desenlace, impasible ante o sufrimento das novas xeracións.

Galizia tamén esqueceu o resentimento, a rabia, o odio, e o desexo de vinganza contido e acumulado durante tanto tempo nos ósos e nos músculos do seu corpo, cara eses ananos sen alma e sen remorsos que condicionaron para mal a súa vida e a dos seus descendentes.

Galizia esqueceusexa de todo e de todos.