"GALIZIA" É UN TOPÓNIMO FICTICIO QUE ESCOLLÍN PARA ESTE BLOG, COMO SÍMBOLO DA MIÑA ABSOLUTA INDEPENDENCIA DE IDEOLOXÍAS E TENDENCIAS E AO MESMO TEMPO COMO COMPROMISO CA MIÑA TERRA E COS MEUS PAISANOS E CONCIDADÁNS, COMPROMISO COS QUE LOITAN A PESARES DAS CIRCUNSTANCIAS, COMPROMISO COS QUE TIVERON QUE MARCHAR, E UNHA HOMENAXE AOS QUE DESGRACIADAMENTE XA NON ESTÁN.

jueves, 18 de noviembre de 2010

GALIZIA E A POLÍTICA FORESTAL DOS IRMÁNS MARX.....

Dicía Castelao en "Sempre en Galiza" que cando un galego saiba o que vale unha árbore deixará de emigrar.

Onde está agora a "Galizia Verde" que tanto loubaron os poetas da nosa terra?. Onde están os bosques mestos primixenios de bidueiros, faias, freixos, aveleiras, carvallos, acivros e teixos dos que soio quedan manchas tristes e esgotadas. Onde foron os ecosistemas de riveira que pouco a pouco foron cedendo o acoso implacable da man da ignorancia máis atrevida. Onde está a riqueza do bosque mixto, autóctono e sostible de Galizia, que foi sustento para vivir, quentarse e comer de  tantas xeracións de habitantes da nosa terra.

A flora e a fauna galega enfréntanse na actualidade a 245 variedades invasoras foráneas, según o último informe publicado ao respecto pola Consellería de Medio Ambiente. A listaxe de prantas invasivas é a máis numerosa, cun total de 154 especies definidas como tales, entre elas o plumero Pampero.

O piñeiro que chaman "do país", xunto co eucalipto e as acacias,  son especies foráneas. foros introducidas por motivos e intereses únicamente economicos. Estas especies son sistematicamente cultivadas como Monocultivos, de xeito intensivo, igual que se fai na agricultura. Os monocultivos non existen na natureza, son aberracións xeradas polo ser humano. Na agricultura os monocultivos son atacados constantemente por pragas que crecen de xeito exponencial ao ter alimento infinito, razón pola cal se desenvolveron e extenderon os pesticidas químicos.

O Piñeiro (Pinus Pinaster) Propio de climas mediterráneos non é autóctono de Galizia , entrou en Galizia polo sur probablemente no século XIX debido á naturalización desta árbore en Portugal como consecuencia das medidas repoboadoras da monarquía lusa.


É unha árbore de baixo valor engadido,  materia prima para empresas como FINSA para fabricar pouco máis que taboleiros industriais, ou para facer mobles baratos de pouca rendibilidade. Empresas que curiosamente NON prantan unha soa árbore, non repoboan nada agás o seu peto, e diso encárgase a Xunta cos nosos cartos, nas nosas terras e os seus enxeñeiros forestais pagados nós. O Piñeiro morre cando hai un incendio. Despois do lume só rebrotan os carvallos, sobreiras ou as especies autóctonas, isto sábeo todo o mundo! O lóxico sería repoboar coas especies autóctonas ou caducifolios de alto valor económico, para que a medio prazo no se repetise o lume, pero en lugar de facelo invirtese mais e mais en medios de extinción de incendios..., xerando unhos intereses escuros aorredor do negocio dos lumes,  loxicamente sería  mellor previr que lamentar....pero a xente que decide a lóxica dalles igual.....


O Eucalipto (Eucaliptus Globulus). Como dixo un día un "erudito" con nome de fraga (ironías do destiño supoño): " o eucalipto é imprescindible se queremos limpar os mocos e o cú".


Os novos rexímenes locais daquela época converteron a Galizia nunha fonte inagotable de recursos para industria papeleira que apesta dende hai décadas a ría de Pontevedra, traendo consigo os beneficios do progreso.

A decisión tomouse ao marxe da xente do noso país, ao marxe dos sabios, ao marxe da lóxica, esos bosques de Galizia, propiedade de tódolos galegos, eran para a industria. Todo o monte, labregos incluidos, tiñan que someterse aos dictámenes do progreso industrial. Algúen decidiu que Galizia convertirísase nun referente mundial na producción de pasta de celulosa para a fabricación de papel tisú.

Deste xeito, o minifundista e antiasociativo paisano galego, viu como as súas vellas carballeiras convertíanse primeiro en tábulas rasas e logo por arte de maxia en prantacións masivas desas novas árbores altas e marabillosas que trouxo o progreso. Estes crecían rápidos, eficientes, prolíficos, o piñeiro e o eucalipto foron a encarnación celulósica das invasións foráneas.

Pero pronto descubriron que nesas plantacións de eucaliptos os cerdos non tiñan que comer, xa non salían as setas, non podían levar a pacer as vacas porque alí non crece a herba, nen sequera valían para recoller leña e menos para facer mobles.

Ninguén, ninguén deses enxeñeiros e funcionarios de despacho se molestou en explicarlles as consecuencias destes monocultivos masivos:  que o eucalipto ten unha xenética agresiva, que devora os nutrintes do chan eliminando asi a todos os seus competidores, facendose logo incompatible con outras especies, que provoca a acidificación do chan e a disminucion da capacidade de intercambio catiónico, que o contido de materia orgánica tamén disminúe notablemente, que se producen cambios irreversibles na textura e estructura dos solos, que induce á perda da biodiversidade tradicional de Galizia. E dado que se reforestou con eucalipto nas beiras das cuencas fluviais, nas fragas e en calquera lugar onde crecera sen ningún tipo de criterio técnico ou moral, afectáronse os ciclos hidrolóxicos, ás capacidades de recarga das capas freáticas é disminuindo dramaticamente a alimentación dos cursos de pequeños ríos, regatos e demáis augas superficiais, traendo a Galizia o mecanismo típico dos monocultivos forestais de eucalipto que se caracterizan por comportase como verdadeiros desertos verdes.


NOTA DE PRENSA. 15/01/2011. O Correo Galego .- OS RÍOS GALEGOS ESTÁN CONTAMINADOS, DEGRADACIÓN DAS MARXES E RETROCESO DOS BOSQUES DE RIBEIRA.- http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/rios-galegos-na-uci/idEdicion-2011-01-15/idNoticia-629867/



NOTA DE PRENSA.12/04/2011.- OS ECOLOXISTAS RECLAMAN QUE SE ACOTEN AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS. - http://www.noticias.com/los-ecologistas-reclaman-que-se-acote-la-plantacion-de-eucaliptos.1021659

O mal xa está feito
. As carvalleiras tardarían un século como mínimo para rexenerarse, pero non lles deixaron. Ao plantar e subvencionaren esas máquinas de crecer, non lles deixaron ninguha oportunidade. Pouco a pouco os bosques autoctonos foron perdendo terreo nas nosas paisaxes, arrinconados nos lugares mais apartados para o home, lugares de peregrinaxe para biólogos, botánicos, ecoloxistas e nostálxicos do que foi e do que desgraciadamente non votará a ser pola obra e gracia dos poderosos aos que lle soe dar igual as consecuencias dos seus actos

Penso que no fondo as paisaxes de eucalipto e terra queimada que agora caracterizan as postales de Galizia  non son máis que un reflexo da paisaxe humán que impera na nosa terra: a mediocridade, a miseria humana, o egoismo, o minifundismo espitual e mental, a politica do loctite ( ben pegados aos asentos), a politica do exipcio (cunha man cara adiante e outra cara atrás), a falla de honestidade, a política da traizón sistemática, as políticas chaqueiras, a amoralidade xeneralizada, a pouca educación e cultura máis básica, a falla do mínimo senso común, e mil ecéteras dos que podería seguir falando liñas e liñas, pero do que teño moi presente e que é representativo da nosa sociedade, ainda que as veces coste moito mirarse o cú e vernos tal e como somos.

Este crimen ecolóxico prepetrado impunemente ten solucción?

Hoxe temos en Galizia 3 universidades, nunca tivemos tanta formación e tanta información e acceso á cultura. Estamos a favor dos indixenas amazónicos e condeamos sin miramentos os atentados contra os bosques da amazonía (que din que son o pulmón do mundo), e nin siquera temos a capacidade comparativa para decatarnos das consecuencias tan graves que ten a desaparición do bosque boreal atlántico galego para a nosa cultura, ademáis do mesmo problema ecolóxico que na amazonía, a perda dos nosos bosques supón a esquecemento mesmo da nosa identidade e da nosa esencia de pobo eminente rural,  é un  ETNOCIDIO en toda regra.

Estas son as consencuencias da politica forestal dos irmáns Marx que se sigue a levar a cabo hoxe en dia, polo absurdo dos plantexamentos, polo escurantismo e a impunidade absoluta con que as administracións manexan os nosos recursos, pola situación mais propia do feudalismo medieval que dunha democracia real que represente aos cidadáns.

O 95% dos cidadán de Galizia está dacordo en protexer os ecosistemas autótonos....., que algúen faga unha enquisa ou un referendum....

Un estudo do período 1996-1999 dí que as especies empregadas en repoboación do monte galego foron:  CONIFERAS = 62%,  EUCALIPTO =  32,69%, CADUCIFOLIAS = 5,31%.


É dicir, a política dos Irmans Marx continúa vixente e ademais intensifícase. É unha política absurda e ilóxica, agás a lóxica do beneficio a curto prazo duns poucos a costa da maioría. A destrucción dos ecosistemas de Galizia continúa ao longo do tempo, independentemente de quen dirixa a política forestal, e isto é abrir a porta ao deserto, aos danos irreversibles, e a pobreza,  e o único que se me ocorre decir é que Galizia segue e seguirá unha terra servil sometida aos intereses dos poderosos que o único que lles interesa é servir a industria, e a modo de resumo o interés desta é......tachán, tachán, .......:  "madeira barata para facer papel de limparse o cú  e facer mobles barateiros coas suas virutas".



A  Acacia ( Acacia Dealbata), a Mimosa é unha especie orixinaria do dureste de Auxtralia e Tasmania. A súa flor confúndese coa do Toxo. É moi frecuente á beira de moitos dos nosos ríos, hai moitísimas nas concas dos ríos Miño e Sil. Realmente é unha praga.

Eliminar a praga de mimosas en Galicia requiriría un plan a 50 anos.- 

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/04/11/0003_201104G11P26995.htm?idioma=galego

As primeiras citas desta especie xa naturalizada datan do ano 1945 e dende aquela non deixou de exendirse, principalmente en áreas incendiadas debido a súa elevada vocación "pirófita", igual que o eucalipto, xa que o incendio favorece a xerminación das súas sementes e o rebrote.

O uso sistemático polos nosos viticultores para facer "chantóns" para entoturar as cepas, foi tamén unha das razóns para a súa extensión tan espallada na nosa xeografía. Así que se foi facendo realidade o abandono rural, estos focos de acacia foron medrando sen control de ningún tipo.

A colonización da acacia trae consigo graves consecuencias, primeiramente crea un horizonte monoespecífico e o chan pasa a componerse dun grande e profundo entramado das súas raíces. Si engadimos o seu elevado potencia "alelopático" que dificulta a xerminación doutras especies ( igual que o eucalipto), entederemos a difultade existente da vexetación autóctona que pouco a pouco vai cedendo terreo.Ademáis provoca efectos nefríticos derivados das alerxias.


Todos os ecosistemas evolucionan, isto é unha lei natural, non se pode pretender conservar todo a toda costa e por riba de todo, iso seia unha toleria. Existe unha presión humana, una presión evolutiva marcada polo desenvolvemento da tecnoloxia da nosa civilización que afecta aos ecosistemas, logo é compresible certo grao de intervención nos ecosistemas forestales. Pero a cuestión é outra:  as intervencións nos bosque de Galizia foron de tal magnitude e por razons tan claramente equivocadas e interesadas, que non cabe maís que expoñelas, clarificalas e por su posto denuncialas.

Primero hai que dicir alto e claro cales son as razóns lóxicas para promover e manter unha política forestal baseada na explotación sostible do bosque mixto :

   1.  O bosque mixto é o ecosistema natural de Galizia, onde temos o privilexio de ter un clima Boreal Atlántico idóneo para a maioría das especies rendibles do mundo, agás as tropicales e ás de frío extremo.

   2.  O bosque mixto permite a explotación simultánea de multitud de especies, favorecendo as cortas selectivas de árbores que xa alcanzaron a súa madurez comercial, deixando no mesmo lugar da corta, a masa forestal doutras especies que reteñen o solo, evitando a desertización por escorregamento de terreos.

  3.  O bosque mixto  favorece a biodiversidade , micolóxica, cinexética e serve de entorno favorable para o desenvolmento e conservación das especies autotonas e endémicas de Galizia.


  4.  O bosque mixto é un tremendo motor económico ao permitir explotar especies de alto valor no mercado: as apreciadas madeiras nobres de nogueira, cerceira, faia, arce, carvallo galego e americano, castiñeiro, freixo, etc..., favorecendo o desenvolvemento de industrias locais nas areas rurais, dende a recollida da madeira ata a fabricación de mobles de calidade, fixando a poboación no ambito rural, e incrementando a distribución da riqueza baseada na sostenibilidade.

  5. Aproveitamento dos moitos subproductos forestais: os restos da broza, materia prima para as Centrais de Biomasa,  que ademáis de promover a limpeza dos bosques preveñen incendios forestais, xeran electricidade localmente de xeito sostible e crean postos de traballo no rural. Tamen a manufactura e explotacion de froitos arboreos (castañas, noces, avelás, etc..), recollida anual productos micoloxicos, apicultura, etc....


  6.  O bosque mixto NON morre cos incendios forestais. O bosque mixto é caducifolio. Na maioría dos casos as árbores caducifolias sobreviven aos incendios, rebrotan polo tronco e xeran novas ramas e follas. Impiden sistematicamente a perda de solo e preveñen os procesos de desertización.



NOTA DE PRENSA 07/12/2010:

Menos biodiversidade, máis enfermidades!!

Bosque

O estudo advirte sobre a necesidade de protexer as rexions ricas en biodiversidade, para evitar o aumento da transmisión de enfermidades infecciosas.

A perda de biodiversidade aumenta o risco de transmisión de enfermidades infecciosas entre os seres humanos.

Ísta é a conclusión dunha investigación realizada en Estados Unidos que analizou cerca de 25 estudos diferentes levados a cabo nos últimos cinco anos.

"Isto débese a que as especies que tenden a desaparecer primeiro –cando comenza a verse afectada a biodiversidade- son aquelas que son maiss efectivas en reducir os índices de transmisión de enfermidades",  dixolle a BBC Mundo Felicia Keesing do Bard College de Nueva Iork e autora principal do estudo.

"Mentras que as que sobreviven", engade, "solen ser aquelas que aumentan a transmisión".









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.